Escotet descarta "risco de contaxio" a Abanca pola situación de Venezuela

O presidente da entidade bancaria, que é venezolana, evita falar da situación do su país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, descartou "calquera risco de contaxio" á entidade financeira con sede en Galicia pola situación política que afronta Venezuela, sobre a que reivindicou sentir un "profundo amor" pero acerca da que evitou pronunciarse.

"A verdade é que sobre a situación en Venezuela creo que todos sabedes o profundo amor que sinto polo meu país, pero prefiro non mesturar os temas políticos e unha situación tan particular como a que se vive no noso país con esta presentación de resultados", afirmou, a preguntas dos xornalistas.

Durante a presentación do balance de Abanca en 2018, Escotet destacou que "non hai ningunha motivación" ou "razón" para que o banco poida estar "preocupado" porque, segundo subliñou, "existe unha clara separación da estrutura de propiedade de cada un dos países" nos que opera o seu grupo, non só en Venezuela senón en todos nos que ten presenza.

Son "independentes e autónomos", resaltou o presidente de Abanca, en referencia ao accionariado e á existencia de "as debidas devasas para evitar calquera risco de contaxio". Neste sentido, apuntou a que esta separación "se comprobou a raíz do último evento en Venezuela", cando o réxime de Nicolás Maduro interveu Banesco.

Francisco Botas e Juan Carlos Escotet (Abanca). EUROPA PRESS - Arquivo
Francisco Botas e Juan Carlos Escotet (Abanca). EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta