O temporal "Helena" causa cortes de electricidade e problemas en estradas da Coruña e Lugo

En Santalla, Lugo, a circulación viaria cortouse por mor de inundacións mentres que noutras áreas a neve causou retencións de tráfico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2019 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

A segunda madrugada do temporal 'Helena' deixou en Galicia un centenar de incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa, principalmente caída de árbores e pólas nas estradas e problemas derivados da neve.

Así, a central do 112 Galicia xestionou, entre as 18,00 horas do venres e as 06,00 horas deste sábado, ao redor de cen incidentes. Delas, 40 foron por caída de árbores e ramas na estrada, 14 por problemas relacionados coa neve e once por obxectos nas vías de comunicación. Por provincias, A Coruña foi a máis afectada con 46 incidencias, seguida por Pontevedra (29), Lugo (14) e Ourense (nove). O municipio coruñés de Oleiros rexistrou un total de seis incidentes no período sinalado, mentres que en Lalín e Vigo houbo catro e tres, respectivamente.

NEVE

As nevadas afectaron as vías de comunicación das provincias de Ourense e Lugo. De feito, en Carballeda de Valdeorras (Ourense) as aldeas de Casoio, Río Dolas, Soutadoiro e Ricosende quedaron incomunicadas pola acumulación de neve.

Tamén na provincia ourensá, en Chandrexa de Queixa dous mozos que viaxaban nun vehículo sen cadeas quedaron atrapados pola neve na estrada OU-0602. Os afectados comunicáronse co 112 e puedieron ser localizados despois de enviar á central de emerxencias as súas coordenadas a través dunha mensaxe de Whatsapp.

O vento e a choiva deixaron ao seu paso por Galicia múltiples cortes de electricidade en vivendas e áreas públicas. Este é o caso dalgunhas áreas dos concellos de Gondomar e Vigo, onde certas zonas quedaron sen iluminación pública polos efectos do temporal 'Helena'.A neve e as choivas rexistradas nas primeiras horas deste sábado deixou cortes de tráfico e tramos intransitables en distintos puntos da rede viaria galega, con especial incidencia en estradas da provincia de Lugo e o interior de Pontevedra e A Coruña.

Efectos do temporal en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Efectos do temporal en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

VÍAS AFECTADAS POLO TEMPORAL

Unha das vías máis afectadas, segundo a DXT, é a estrada provincial DP-4604 á altura de Bragaña, en Toques (A Coruña), entre o km 12,5 e o km. 13,5, en ambos os sentidos, cun corte total ao estar a vía intransitable por nevada, desde o nove da mañá deste sábado.

Tamén se produciron incidencias na LU-P-6511 á altura de Vilalba (Lugo) desde o km. 0 ao km. 5, con circulación interrompida en ambos os sentidos, con corte total da circulación por inundación, desde a noite deste venres. Tamén por inundación está o tráfico cortado na estrada LU-P-6519 á altura de Santalla (Lugo) desde o km. 0 ao km. 3 en ambos os sentidos.
En Lugo, á altura da Ermida, a DXT informa de que a circulación está condicionada por neve na LU-651, desde o km.8 ao km. 14 en ambos os sentidos.

Na provincia de Pontevedra hai circulación irregular por nevada desde as 05,00 horas na estrada nacional N-525, no km. 296, en Cabreira, en Lalín. A DXT indica que a vía é transitable con precaución e está prohibida a camións e articulados. Así mesmo, por meteoroloxía adversa por neve está condicionada a circulación na autovía AP-53, desde o km.38 en Outeiro ata o km. 56,36 en Santo Domingo, e na mesma vía en Lalín, entre os quilómetros 43 e 53 en ambos os sentidos. Á altura de Lalín, a neve tamén provoca circulación irregular na estrada provincial PO-533 desde o km. 2 ao km. 11. A estrada, sinala a DXT, está transitable con precaución e prohibida a camións e articulados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta