Galicia presenta en Madrid unha aceleradora para atraer emprendedores ao polo aeroespacial de Rozas

A Axencia Galega de Innovación presenta a primeira convocatoria da Business Factory Aero (BFAero), a incubadora e aceleradora aeronáutica promovida polo Goberno galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2019 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, presentou este martes na Escola de Enxeñaría Aeronáutica da Universidade Politécnica de Madrid a primeira convocatoria da Business Factory Aero (BFAero), a incubadora e aceleradora aeronáutica promovida polo Goberno galego no polo aeroespacial de Rozas (Lugo).

Feijóo visita o polo tecnolóxico de Rozas
Feijóo visita o polo tecnolóxico de Rozas

Neste contexto, Argerey destacou que, con esta iniciativa, búscase "completar a cadea de valor" do sector en Galicia "para gañar tamaño e continuar situándose no escenario internacional", á vez que animou aos asistentes a presentar os seus proxectos á convocatoria.

No acto, ao que acudiron estudantes, emprendedores e empresarios, incluíu unha mesa redonda ao redor do emprendimiento. Nesta interviñeron representantes do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), da empresa Indra, da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).

Patricia Argerey explicou que a 'Civil UAVS Initiative', na que se mobilizan 164 millóns de investimento público-privado, é o proxecto "máis ambicioso" de compra pública innovadora posto en marcha en Galicia. Así, asegurou que "só existen outras tres actuacións similares" no ámbito internacional, "ningunha" delas en Europa.

En concreto, a aceleradora BFAero inclúese no programa de emprendemento innovador do polo tecnolóxico de Rozas, co obxectivo de fortalecer o apoio ao talento impulsando a creación de empresas deste sector en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta