Viaxe de Feijóo a Estados Unidos: "La ciudad de Miami ha recibido una visita muy especial"

A canle de televisión AméricaTevé recolleu nos seu informativo a visita do presidente da Xunta a esta cidade estadounidense, onde residen uns 8.000 galegos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/02/2019 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

A visita a Miami (Estados Unidos) do prosidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, non pasou desapercibida para os medios locais hispanos. AméricaTevé fixo unha ampla cobertura desta viaxe.

Acto de benvida a Alberto Núñez Feijóo en Miami, acompañado, entre outros, polo alcalde desta cidade, Francis Suárez (segundo pola esquerda)
Acto de benvida a Alberto Núñez Feijóo en Miami, acompañado, entre outros, polo alcalde desta cidade, Francis Suárez (segundo pola esquerda) | Fonte: AméricaTeVé.

"La ciudad de Miami ha recibido una visita muy especial". Así comezaba o informativo América Noticias, de AméricaTeVé, siobre esta viaxe institucional, recollendo a recepción de benvida, "con mucho cariño", ao presiente da comunidade emigrante galega en Miami, considerada a "principal de todos los Estados Unidos", indicou a corresponsal Adriana Navarro. De feito, no Consulado español da cidade hai actualmente inscritos 8.000 galegos.

Ao son das gaitas, Feijóo foi acompañado por inmigrantes galegos e autoridades locais no restaurante Casa Juancho. Alí, Feijóo expresou a súa intención de estreitar lazos económicos, culturais e turísticos con Miami. 

No acto participou o alcalde de Miami, Francis Suárez, quen afirmou que para a cidade foi un "gran privilegio" e "un honor" recibir a Feijóo.

Tamén estivo no acto o presidente de America TeVé, "orgulloso galego" que agradeceu a Feijóo a visita.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta