En Marea reclama a construción dunha residencia para maiores na Estrada e a apertura do centro de día

Segundo Luis Villares na Estrada hai unha lista de espera de 154 persoas dependentes "sen ningún tipo de servizo".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 08/02/2019 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, reclamou este venres a construción dunha residencia de maiores no municipio pontevedrés da Estrada e a apertura "inmediata" do centro de día, que "o alcalde leva catro anos anunciando sen ser capaz de emendar unha serie de deficiencias na súa construción para recibir a homologación de apertura".

Villares visitou A Estrada en compañía da portavoz de Móvete, Mar Blanco, xunto quen reclamou a construción da residencia da terceira idade na localidade, petición aprobada por unanimidade no Parlamento galego.

"A especialidade do PP son as promesas non cumpridas, de tal maneira que, a pesar de que o Parlamento de Galicia aprobou a instancias de En Marea a construción dunha residencia para maiores na Estrada, vemos que nin nos orzamentos de 2018 nin nos de 2019 houbo un só euro para a súa construción", criticou Villares.

Na Estrada hai, nestes momentos, unha lista de espera de 154 persoas dependentes "sen ningún tipo de servizo", indicou Villares, e a axuda no fogar "só cobre a 104 usuarios". Desde En Marea, comprometeuse Villares, trasladaranse iniciativas ao Parlamento para "duplicar" o servizo de axuda no fogar.

Para Luís Villares, esta "desatención ás persoas maiores" por parte da Xunta está a xerar tamén "moitos problemas de conciliación", dado que "impide sobre todo ás mulleres facer unha vida normal", ao ter que asumir os coidados "que deixa de lado o Goberno de Feijóo".

O portavoz de En Marea, Luís Villares. EN MAREA
O portavoz de En Marea, Luís Villares. EN MAREA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta