Cando publicará a Xunta as oposicións para cubrir 847 prazas de emprego público?

Son 305 para auxiliares de clínica, 269 para o servizo contra incendios e 208 de persoal subalterno, entre outras.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/02/2019 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A Xunta asegura que publicará de forma "inminente" as convocatorias de oposicións para cubrir 847 prazas de emprego público, entre elas, 305 para auxiliares de clínica, 269 para o servizo contra incendios e 208 de persoal subalterno.

O director xeral de Función Pública, José María Barreiro, destacou o "volume inédito" de prazas en relación ás convocatorias da última década, o que supón unha "moi boa oportunidade" para aquelas persoas que ocupen prazas de forma temporal ou calquera que opte por presentarse, tendo en conta que "a práctica totalidade" serán de acceso libre, salvo a reserva "obrigatoria" para promoción interna.

O obxectivo, segundo subliñou en rolda de prensa, é, dentro do acordo alcanzado cos sindicatos, dar "estabilidade" ao emprego público, de modo que a taxa de temporalidade pase ao 7%. Son postos algúns ocupados de forma temporal e outros vacantes.

As prazas de auxiliares de clínica buscan cubrir ámbitos da política social e a atención a maiores e dependentes. Mentres, as do servizo contra incendios divídense entre 102 para condutor, 92 para bombeiros forestais e 75 para emisoristas e vixiantes. Ademais destas e as 208 de persoal subalterno, serán convocadas 54 de seguridade e saúde laboral, sete da escala técnica de estatísticos e catro de letrados da Xunta.

"TRABALLANDO" EN 2020

A Consellería de Facenda dará traslado entre este luns e o martes ás organizacións sindicais e despois, no prazo "máximo" dun mes, as 15 convocatorias sairán no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Para que chegue a data da realización das probas, o director xeral estimou un prazo "mínimo" de seis meses, para que os opositores teñan tempo de preparalas e debido ao "esforzo" de loxística necesario para desenvolvelas. Segundo indicou, a intención é que todos eles estean xa "traballando" en 2020, de modo que "podería quedar" algún exame para 2020 pero o groso celebrarase este mesmo ano.

Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo
Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta