Pedro Sánchez podería dinamitar as estratexias electorais cun adianto das xerais a abril

Sería un golpe de efecto do presidente español que pretende coller a contrapé ao resto de partidos e, sobre todo, visualizar que a única alternativa ao bloque de dereitas sería o PSOE. O seu obxectivo sería ser o partido máis votado.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 11/02/2019 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, podería convocar eleccións en abril. Varios medios publican xa unha posible data; sería o 14 de abril, mes e medio antes das municipais, autonómicas e europeas. Outros din que sería unha semana despois, o 21, para non coincidir coa Semana Santa.

El secretario general del PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba
El secretario general del PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba

Con esta decisión, o líder do PSOE quere converter estes comicios nun plebiscito entre as dereitas e as esquerdas logo da manifestación convocada este domingo en Madrid por Vox, C's e PP e á que asistiron colectivos neonacis e fascistas.

De feito, segundo as fontes consultadas por GC, Sánchez querería visualizar con esta convocatoria que "fronte a ese gran bloque das dereitas españolas está el liderando un PSOE que sería a gran alternativa de esquerdas para frear a dereita e ultradereita. 

ARGUMENTOS

Ese sería o gran argumento de Sánchez para adiantar as eleccións; a "gran coalición da dereita" que imposibilita aprobar uns orzamentos xerais e a súa falta de apoio para resolver o conflito catalán. Deste xeito, cumpliría a súa palabra de fiar o seu futuro a uns Orzamentos Xerais do Estado (PGE) que non conseguiu superar pola presión da dereita e dos partidos independentistas.

Pedro Sánchez preside o seu primeiro Consello de Ministros
Pedro Sánchez preside o seu primeiro Consello de Ministros

Como baza contra os independentistas estaría tamén os diálogos iniciados con eles para tentar superar o conflito catalán pero que non fructificaron polas "esixencias independentistas", segundo as fontes consultadas.

MEDIADOS DE ABRIL

Así, a data elixida podería ser a mediados de abril, apenas un mes e medio antes dos comicios europeos, municipais e autonómicos do 26 de maio e xusto antes da Semana Santa. Barállese o 14 de abril, aínda que coincidiría co final da Semana Santa e moita xente de vacacións, ou o 21 de abril.

Se é o 14 de abril, o brigaría ao Goberno español a disolver as Cortes e convocar as eleccións a semana que vén, o próximo 19 de febreiro, para cumprir os 54 días que establece a lei. 

Con todo, esa posibilidade aínda non está fechada porque varios dirixentes próximos a Sánchez recomendan que agarde ao 26 de maio para convocar todas as citas electorais e, dese xeito, influír tamén no voto das municipais e autonómicas e facer máis evidente ese bloque entre dereitas e esquerdas. Unha perspectiva que non convence a algúns baróns autonómicos do PSdeG, nin tampouco a Pedro Sánchez.

REFORZAR O SEU LIDERATO

"Convén que sexan antes e a el tamén", apunta un dirixente provincial consultado. Segundo outras fontes consultadas el pretende visualizar que, se consigue ser a forza máis votada fronte á dereita, estará cargado de razóns e de poder para facer fronte aos líderes críticos con el que aínda quedan no partido "e que o deixaron en evidencia a pasada semana coa polémica do famoso relator".

"Ademais un adianto a abril collería a contrapé a todos os partidos que terían pouco menos de dous meses para preparar unhas eleccións adiantadas que, aínda que as piden con insistencia, non estarían aínda preparados", engaden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta