En Marea mantén o 'non' ás contas de Pedro Sánchez e esixe máis investimentos en Galicia

Os deputados galegos en madrid presentan 300 emendas aos Orzamentos do Estado e reclaman medidas para cohesionar Galicia cunha aposta por infraestruturas "unha vez esgotado o AVE".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O grupo de En Marea no Congreso presentou este luns as 300 emendas que presentará ao proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) de 2019. Así, mantén que votará "non" ás contas "se non aceptan unha mellora no investimento" para Galicia.

En Marea anuncia no Congreso as 300 emendas que presentará ao Proxecto de. EN MAREA
En Marea anuncia no Congreso as 300 emendas que presentará ao Proxecto de. EN MAREA | Fonte: Europa Press

"Mostramos a nosa posición negociadora. Esta semana teremos unha nova reunión co Goberno, pero hoxe presentamos 300 emendas parciais aos Orzamentos porque temos un proxecto alternativo", anunciou a portavoz no Congreso, Yolanda Díaz.

Díaz tamén detallou que traballan na negociación en tres bloques, aínda que mostra o seu "descontento" coas contas. O primeiro deles ten que ver coa reversión do recorte orzamentario e o segundo cos 70 proxectos "que sempre estiveron consignados e que foron eliminados", polo que En Marea pide que sexa corrixido.

O terceiro dos bloques que reclama En Marea ten que ver con que "unha vez esgotado o AVE, se leve a cabo un deseño das medidas necesarias para cohesionar Galicia".

Ademais, Díaz detallou que entre algunha das case 300 emendas presentadas se atopan cuestións "fundamentais para Galicia" e un proxecto alternativo de país.

"Hai un bloque de emendas que teñen que ver co modelo produtivo, coas infraestruturas. E hai moitas emendas sobre pesca e agricultura", explicou a deputada Ángela Rodríguez.

Ademais doutras cuestións, a deputada lembrou a solicitude de recursos para combater os incendios, para Salvamento Marítimo, para a construción dun dique seco para Navantia en Ferrol, a variante norte en Ourense, a humanización da Avenida Alfonso Molina na Coruña, a ligazón orbital en Compostela e o saneamento das rías, como a do Burgo e a de Pontevedra.

VERTEBRACIÓN ALTERNATIVA AO AVE

En canto ás infraestruturas, En Marea esixiu unha vertebración alternativa ao AVE, medidas para as principais cidades como o tren en Lugo, ou a conexión A Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra e fixo unha aposta polo tren de proximidade.

Entre outras cuestións, tamén destacaron a vertebración territorial, en especial en Vigo nA saída sur e a conexión con Portugal, a ampliación do Eixo Atlántico e a paralización da A-57.

Doutra banda, a deputada fixo fincapé nas cuestións sociais: "Se podemos decidir algo nestes orzamentos será para que Galicia sexa un país ao que devolver, polo que apostaremos por un plan de emprego para Galicia e un plan para os mozos emigrantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Androide

Tarde piache

2 lóstrego

Pro se non vai haber orzamentos porque non hai acordo cos cataláns. Qué carafio pintades facendo o paripé?

1 bautista do unto

Yolanda Díaz, xa lle dera o visto e prace a esas contas, pero saíulle o tiro pola culata