Por E.P. | A CORUÑA | 11/02/2019 | Actualizada ás 18:49
A Coruña acollerá do 25 de febreiro ao 10 de marzo unha nova edición das xornadas 'Lacónicas', "unha cita consolidada no calendario coruñés e que pon en valor o menú por excelencia do Entroido".
Así o expuxo o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, na presentación do IV Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos. Nelas, participan 32 establecementos de hostalaría.
Ademais, o Consorcio de Turismo abre este luns o prazo de inscrición nas actividades paralelas, que inclúen unha degustación gratuíta de filloas e orellas no mercado municipal da praza de Lugo o 2 de marzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.