Detido en Santiago un home por estafas en Internet por máis de 2.000 euros

Utilizaba como medio de pago transferencias bancarias que finalmente resultaban inexistentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a un home español de 45 anos como presunto autor de varios delitos de estafa cometidos a través de Internet por máis de 2.000 euros.  Segundo informou a Comisaría de Santiago, os feitos remóntanse ao pasado mes de xaneiro, cando axentes da Comisaría da Policía Nacional de Xetafe tiveron coñecemento dunha denuncia por parte do responsable dunha empresa con sede na mesma cidade.

O denunciante detallou ser vítima dunha suposta estafa na que o presunto autor, con domicilio na capital compostelá, realizaba compras a través do comercio electrónico e utilizaba como medio de pago transferencias bancarias que finalmente resultaban inexistentes e con xustificantes de transferencia igualmente falsos.

Ademais, no momento de realizar as compras o presunto estafador achegaba "nomes, teléfonos e direccións ficticias, recibindo a mercadoría a través dunha empresa de mensaxería urxente, previo seguimento do envío, que interceptaba antes de chegar á dirección marcada no mesmo", relata a Policía.

A Policía Nacional apuntou que a estafa afecta a empresas con sede en Xetafe, Barcelona, As Palmas e Valencia e concreta que o valor da fraude ascende a máis de 2.000 euros.

Axentes da Policía Nacional dedicados á loita contra a pornografía infantil en Internet.
Axentes da Policía Nacional dedicados á loita contra a pornografía infantil en Internet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta