Feijóo, que pedía eleccións anticipadas canto antes, di agora que mellor facelas en maio porque "en abril sería un malgasto"

Dá por rematada a lexislatura. "Agora só queda saber a data do funeral", ironiza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse este mércores a favor de celebrar as eleccións xerais o próximo 26 de maio, de forma que coincidan coas municipais, autonómicas --noutras dez comunidades, sen incluír a Galicia-- e europeas, porque considera que facelas en abril "sería un malgasto e unha inxustificación" por parte do Goberno de Pedro Sánchez. Unha reflexión que fai logo de pedir, como o seu líder en Madrid, Pablo Casado, que convocara canto antes as eleccións sen que lle preocupara, ata ese momento, a data.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Preguntado respecto diso este xoves, tras a reunión semanal co seu Executivo, Feijóo cre que "a lexislatura está acabada" despois da non aprobación este mércores do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2019 no Congreso. "A lexislatura está morta e queda saber xa a data do funeral", engadiu.

Ademais, o presidente do Goberno galego considera que convocar os comicios para o 28 de abril, segundo transcendeu tras tombarse as contas na Cámara baixa, é "incompatible" coa "estabilidade" do país e algo "inédito" na democracia española. Deste xeito, o líder do PP de Galicia coincide coa postura do presidente nacional, Pablo Casado, de reclamar un 'superdomingo' electoral para o 26 maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mumbassa

Xa, frijol, xa. Galicia, Galicia,Galicia... como cando xuntaches as eleccións bascas coas galegas, pra aforrar ou pra minimizar o irrelevante resultado do PP basco? Hipocresía nivel 100%, es un empresario ultraneoliberal españolista que renagas da túa terra por un escano en Madrid. Sipaio.