A Xunta pon a andar un observatorio para impulsar políticas relacionadas coa familia e a infancia

Terá competencias diferentes ás de dinamización demográfica.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2019 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta autorizou este xoves o decreto que establece a creación do Observatorio Galego da Familia e da Infancia. Trátase dun organismo colexiado

Familia galega diante do mar
Familia galega diante do mar | Fonte: vigoalminuto.com

e de carácter participativo que terá por obxecto asesorar, apoiar, analizar, estudar e

propoñer actuación en materia de familia e infancia.

Este órgano nace o obxectivo principal de analizar e intercambia información, elaborar estudos e investigacións para detectar mellor as necesidades das familias e avaliar o impacto que teñen as políticas fiscais, laborais e sociais desenvolvidas polas administracións. Tamén proporá liñas estratéxicas e plans de intervención, e poderá coordinar e harmonizar as actuacións das administracións nestes ámbitos, así como canalizar as iniciativas das organizacións sociais.

Con todo, este novo organismo non terá coma finalidade as cuestións demográficas, un dos grandes problemas que sofre Galicia. De feito, xa existe un Observatorio Galego de Dinamización Demográfica que se ocupa desta problemática.

Por iso, este novo observatorio abordará cuestións como a sensibilización da cidadanía

no coñecemento e respecto dos dereitos da infancia, impulsará a incorporación da

perspectiva da familia e da infancia no ordenamento xurídico galego e favorecerá as

relacións con outros organismos de natureza semellante a nivel galego, nacional e

internacional.

Respecto á súa composición, contará coa participación de todas as consellerías, ademais dun vogal en representación dos órganos que dependen da Presidencia da Xunta. Tamén estarán representados o Instituto Galego de Estatística, a Delegación do Goberno en Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), as tres Universidades, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as centrais sindicais e a Confederación de Empresarios de Galicia, e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta