Impotencia

A indignación e o cabreo corre de boca en boca dende que se coñeceu o tema das escandalosas primas e xubilacións dos tres e os outros directivos de Nova Caixa Galicia-Banco. Ate uns días as caixas eran, para moitos galegos, un símbolo de entidades que tiñan un fin social e que por tal motivo había que manter.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 07/10/2011

Comparte esta noticia

Eran o símbolo do noso  poder económico e moitas cousas máis. Aparecían diante a sociedade como  entes que,  ao contrario dos bancos que soamente ían  na busca dunha rendabilidade económica sen un fondo social, tiñan unha función propia dentro da nosa terra  e, polo tanto, eran entidades necesarias  para cumprir os fins reseñados. Eran as dos créditos para os autónomos e as pequenas empresas; eran as que gardaban os cartos  de milleiros de pequenos aforradores, e ate parecían entes solventes e serios que miraban polo ben deste noroeste peninsular.

A tal efecto, os directivos das nosas Caixas defendían na publicidade que o aforro galego se quedara e se investirá nesta terra. Ate o da fusión das dúas caixas parecía unha medida necesaria e útil para Galicia. Claro que  o que  ninguén pensaba era que  estes  directivos, máis que mirar pola Caixa da que eran responsables, e por tal obriga cobraban impostantísimas cantidades de cartos, plantexaran reformas que levaban axustes, despidos e xubilacións de persoal, sacrificios importantes  para os seus empregados, namentres para eles agochaban  inmensas e escandalosas prebendas económicas.

E  diante este grandioso escándalo as preguntas saltan como coitelos apuntando cara a dirección da Entidade, a Xunta de Galicia e o Banco de España. Pois a publicidade que ate hai uns meses falaba de “a Nosa Caixa” a  que ofrecía cretos e moitas cousas máis para os cidadáns, agora resulta que soio traballaba para  que os seus altos executivos se aseguraren uns beneficios e prebendas  de por vida. Xubilacións de ouro para uns poucos, e para os demais unhas poucas moedas ou o paro.

Agora  que esta entidade está intervida  polo Estado nun 90%  Como se pode entender e xustificar  que os directivos se forren a conta dos sofridos pequenos depositantes?  Depositantes que gardan alí os cartos da súa pensión, ou os aforros de toda a súa vida e  aos que se lle cobra polo mantemento dunha cartilla anualmente.  ¿Que creto vai ter a entidade diante a cidadanía con tales directivos ao frente? ¿Quén se fía destas  entidades financieiras? E neste  asunto ¿Que pinta a Xunta de Galicia e o Banco de España que presta cartos para reflotar a entidade? ¿Que pasa que non pon condicións cando pon os miles de millóns de euros?

As caixas e as demais entidades financieiras quedaron en evidencia diante os cidadáns co tema da crise brutal que padecemos. E, en todo isto lío, que pinta a Xunta de Galicia e o seu presidente? En fin, todo isto ven a demostrar dúas cousas: a primeira que, o que anda coa fariña, enténdase cos cartos, sempre garda para el a mellor parte. E, a segunda,  é que na España do Lázarillo de Tormes os pícaros, os "macarras" e os oportunistas sen moral nin escrúpulos aproban normas nos órganos de dirección que  sempre os favorecen. Pois  un caco, por roubar un bolso, vai á cadea por varios anos, e os que fan grandes operacións e fan unha xestión escandalosa nas entidades  que gobernaron,   son premiados con grandiosos beneficios. Conclúo: diante esta realidade os cidadáns senten, sentímonos, estafados, defraudados e percibimos unha grande  impotencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com