Polémica polo anuncio dunha medida "machista" da Xunta para atraer mulleres inmigrantes só "en idade fértil"

Duras críticas á nova na portada de El Correo Gallego dunha medida na nova Lei de Impulso Demográfico que ofrecería incentivos a aquelas mulleres foráneas dispostas a ter fillos, algo ao que se opoñen as feministas, por tratalas como "vasillas" e "coellas".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/02/2019 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia ultima a nova Lei de Impulso Demográfico, coa que pretende acabar coa sangría demográfica de Galicia, unha das zonas máis envellecidas de España e con maior perda de poboación. Unha das medidas estrela desa nova lei serán, segundo o xornal El Correo Gallego, os "incentivos de la Xunta para atraer mujeres inmigrantes en edad fértil", para aumentar a natalidade. Así o anunciaba este luns este medio como nova destacada na súa portada, algo que non pasou inadvertido para o feminismo galego.

Portada de El Correo Gallego do 18 de febreiro de 2019.
Portada de El Correo Gallego do 18 de febreiro de 2019.

As críticas sucedéronse nas redes sociais contra esta medida, por machista e discriminatoria. A medida, segundo El Correo, será un dos eixos na Lei de Impulso Demográfico para "revertir el crac de natalidad", sobre todo no rural. Pero as mulleres galegas veno doutro xeito.

Laura Seara, consultora, avogada, exsecretaria de Estado de Igualdade no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero e exdirectora do Instituto de la Mujer, lanzaba a crítica en Twitter: "Oye, parece una noticia de Gilead, pero no, es Galicia. La Xunta busca atraer mujeres inmigrantes fértiles. ¿Solo fértiles? Las no fértiles absténganse. No es ficción, está pasando. No es ciencia ficción" (a República de Gilead é un réxime dictatorial onde as mulleres deben elixir entre a submisión, a violación e a morte; fíxose célebre pola serie baseada no 'Conto da criada' de Margaret Atwood).

Unha avalancha de críticas seguiu a este comentario de Seara. A primeira, a presidenta da Deputación de Pontevedra, a tamén socialista Carmela Silva, quen dixo: "¡¡¡Madre mía!!! Las mujeres entendidas como vasijas. El PP criminaliza, por un lado, a los inmigrantes y por otro concibe a las mujeres inmigrantes como recipientes donde alojar niñas y niños. Si no son indecentes, ¡lo parecen!".

As comparacións co mundo distópico e misóxino da República de Gilead continuaron: "¿Pero no habéis reparado en que sólo mujeres, porque las españolas no pueden mezclarse con inmigrantes en la misma cama aunque sean fértiles. Jajajaja. Hasta en Gilead son menos machistas"; "El cuento de la criada, mismamente"; "De cuando la ficción supera a la realidad"; "¿Y los machos alfa patrios barra libre?"; "Mujeres inmigrantes fértiles? ¿Y luego qué? ¿Una granja para parir niños para ricos? ¿Una fila de patriotas que las embaracen por el bien de España? ¿Esto qué es? ¿El Cuento de la Criada? Venga no me jodan", foron algúns dos moitos comentarios á nova publicada na portada en papel do Correo.

Pero houbo máis expresións de indignación contra esta medida e as políticas do PP. Todas moi expresivas e explícitas sobre a idea exposta: "Porque eso somos las mujeres para la derecha: fábricas de mano de obra"; "Lo de crear empleo con contratos y sueldos dignos... eso para otro día. Que no se pueda mantener una casa y familia en un país sin oportunidades laborales para establecerse... eso para otro día. Mucho más fácil utilizar a mujeres como conejas, ya se apañaran con las migajas"; "Quizá sexa momento de recordar á Xumnta que as mulleres non somos vasillas ás que seleccionar cando a eles lles pete"; "Qué fuerte, esta derecha es lo peor, nos trata a las mujeres, como conejas que se decia antiguamente"; "Bueno, es lo que trae arrimarse a Vox. ¿Qué será lo próximo?"; "Esto es vergonzoso, ¿somos ganado?"; "Pues eso. Que luego se les llena la boca hablando de igualdad y esas cosas, mientras la Xunta ve a las mujeres migrantes como vasijas e incubadoras (no personas) para que sus ciudadanos varones pasen un rato agradable y vayan dejando su semillita"; "Al PP le dio por tomarnos como conejas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 eusi

Aos matrimonios de aqui a Xunta maltrátaos sacándolle libros, facendo pagar o material nas escolas como alfombras e mobles, non aumentando prazas nos infantarios, en fin, nada novo baixo o sol. O trío VÓmitoX ataca de novo

1 anonimo

A medida é moi torpe. Pero a moitas feministas lles debe parecer que o feito que as mulleres teñan que parir é algo que atenta ca igualdade, e un producto da sociedade machista.