A Xunta tamén quere que as estatuas do mestre Mateo “sexan patrimonio dos galegos”

Feijóo critica ao alcalde de Santiago por erixirse como “maxistrado” e criticar ao conselleiro de Cultura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/02/2019 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosou este xoves o desexo do seu goberno de que as esculturas do mestre Mateo que están en posesión da familia Franco volvan a Galicia, tal e como pide o Concello de Santiago.

Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Preguntado sobre a sentenza que non lle deu a razón ao concello, senón a familia, Feijóo suliñou que agarda que prospere o recurso que anunciou o goberno municipal de Santiago. “Nós queremos que as esculturas sexan patrimonio de todos os galegos e tamén que o concello tivera éxito no seu proceso xudicial”, dixo. “Agardamos que agora teña máis éxito que coa primeira sentenza”, engadiu sobre o novo recurso.

Con todo, foi crítico co rexedor compostelán, Martiño Noriega, polas súas declaracións contra o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que puxo en dúbida a estratexia xudicial do concello. “Vai ser agora que o alcalde de Santiago é un eminente xurista”, ironizou Feijóo defendendo a Rodríguez e lembrando que as súas declaracións se basean nos informes da asesoría xurídica da Xunta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta