Que relación existe entre dous altos cargos militares franquistas e as estatuas roubadas do mestre Mateo?

O tenente coronel do Estado Maior do Exército español, Carmelo Medrano Ezquerra, e o xeneral de Brigada Celestino Aranguren Bourgón foron avós de Adelaida Nieves Medrano Aranguren, a xuíza que desestimou a denuncia do Concello de Santiago para recuperar as esculturas. E esta é a súa historia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/02/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Esta é a historia dun expolio, do roubo de parte do patrimonio de todos os galegos e dun pequeno anaco da historia da cidade de Santiago de Compostela. Esta historia comeza a finais do século XII e principios do século XIII, cando a un dos maiores xenios que deu a escultura medieval da península ibérica, o mestre Mateo, lle encargaron facer o Pórtico da Gloria. Pero, a pesar dos oito séculos que pasaron, a historia non está pechada. Chega aos nosos días e, polo medio, hai unha complexa trama de abandono, roubo, compra, expropiación e, amiguismo.

Necrolóxica do tenente coronel do Estado Maior do Exército español, Carmelo Medrano Ezquerra
Necrolóxica do tenente coronel do Estado Maior do Exército español, Carmelo Medrano Ezquerra

Durante ese tempo dúas das estatuas que Mateo fixo para a súa gran obra, a dos patriarcas xudeos Isaac e Abraham, foron a parar aos xardíns do claustro de Fonseca. A finais do século XVIII, o conde de Ximonde fíxose nelas, e decidiu levalas e colocalas nun pazo da súa propiedade no concello de Vedra, a 20 quilómetros de Santiago. Tal e como informa o portal Historia de Galicia, En 1947, o Concello de Santiago, e o entón alcalde Joaquín Sarmiento, propuxo comprar dúas figuras. 

Tras a súa compara, e unha vez novamente na Catedral, as estatuas foron utilizadas para decorar a escalinata do Pazo de Raxoi. E hai que agardar ata 1961 para volver saber desas pezas. Atoparonse nunha exposición sobre arte románico, e é nesta mostra cando aparece a primeira referencia a que as esculturas pertencen a Franco e están gardados no Pazo de Meirás.  Despois desa exposición, as figuras do Mestre Mateo foron trasladadas a outra propiedade da familia Franco, a Casa de Cornide, na Coruña.

AS ESTATUAS EN PODER DE FRANCO

Non consta ningún documento sobre a cesión das estatuas a Franco por parte do Concello de Santiago, pero existen testemuños que apuntan a que as pezas foron un agasallo a Carmen Polo na visita que o ditador realizou a Santiago para participar na invocación ao Apóstolo Santiago no Ano Santo de 1954.

Nomeamento no BOE do xeneral de Brigada Celestino Aranguren Bourgón
Nomeamento no BOE do xeneral de Brigada Celestino Aranguren Bourgón

Foi por iso que o Concello de Santiago iniciou unha batalla xudicial para que esas pezas volvan a ser patrimonio da cidade. Unha primeira batalla que perdeu en Madrid logo de que a xuíza Adelaida Nieves Medrano Aranguren desestimase a demanda.

E é neste punto onde Franco se volve a cruzar na historia xudicial destas pezas. A maxistrada Medrano Aranguren é neta de Carmelo Medrano Ezquerra e de  Celestino Aranguren Bourgón.

Pero, quen foron estes dous militares?. O Capitán do Estado Maior do Exército español, Carmelo Medrano Ezquerra, e o xeneral de Brigada Celestino Aranguren Bourgón foron dous militares de carreira, con ampla tradición militar. Os dous tiveron papeis determinantes durante o alzamento militar do 36 en apoio do xeneral Francisco Franco e tamén con posterioridade, con importantes cargos no Réxime.

CARMELO MEDRANO EZQUERRA

Segundo recolle Arturo García Álvarez-Coque en “Los militares del Estado Mayor en la Guerra Civil Española”, Carmelo Medrano foi do núcleo duro da conxura militar en Melilla e, precisamente, foi el, xunto con outro militar, o tenente coronel Darío Gazapo os que precipitaron o Golpe militar. 

Contrastando diversas fontes Gil Honduvilla proporciona un relato pormenorizado do ocorrido en Melilla o día 17 de xullo, un día antes do levantamento. Na mañá dese día, un cargamento de pistolas para armar a falanxistas de Melilla foi depositado no edificio da Comisión Xeográfica de Límites de África, dependencia a cargo dos oficiais do Corpo de Estado Maior (EM), tenente coronel Darío Gazapo e o capitán Carmelo Medrano. Un dos enlaces encargados de repartir as armas delatou o que ocorría, o que provocou unha orde de rexistro da Comisión de Límites.

Os conspiradores alí reunidos, auxiliados por soldados do veciño acuartelamento da Lexión, dominaron aos gardas de Asalto encargados do rexistro, o que significou o inicio da insurrección e foi de feito o primeiro acto violento da guerra civil, aínda que sen derramamento de sangue. 

Logo participaría activamente na guerra ascendendo a tentente coronel e xa en 1939, Medrano foi un dos comisionados que negociaron a rendición do exército republicano e asinou o “parte de la victoria”, xusto debaixo de Franco o 1 de abril de 1939.

De feito, os militares do Estado Maior  foron de fundamental importancia na dirección do exército xurdido da guerra civil, e por tanto na consolidación do poder do xeneral Franco. A Medrano Franco premiariao cunha subsecretaría de Estado.

CELESTINO ARANGUREN BOURGÓN

O outro militar, avó da xuíza, foi Celestino Aranguren Bourgón, un xeneral de Brigada de Infantería que tamén apoio o alzamento e participou activamente na guerra civil. En setembro de 1950 foi nomeado por Franco Gobernador Militar de Granada e Subinspector da novena Rexión Militar.

A súa relación con Franco foi moi estreita e, de feito, e tal e como recolle o ABC do 17 de outubro de 1963, e xa como militar na reserva, foi recibido en audiencia polo propio ditador xunto con outros militares franquistas de alto rango. 

Aranguren Bourgón participou como conselleiro na SOFICO (Sociedad Fianciera Internacional de Construcciones), empresa que quebra en 1974 provocando o maior escándalo financiero do franquismo. 

Pase do Capitán do Estado Maior do Exército español, Carmelo Medrano Ezquerra, á residencia de Franco
Pase do Capitán do Estado Maior do Exército español, Carmelo Medrano Ezquerra, á residencia de Franco | Fonte: todocoleccion.com
O xa tenente coronel Medrano, á dereita, con Franco, durante as operacións da Batalla de Teruel
O xa tenente coronel Medrano, á dereita, con Franco, durante as operacións da Batalla de Teruel
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 anonimo8068

El ex-presidente José Luis Rodríguez Zapatero tuvo, como todo el mundo, dos abuelos. Cuando la Guerra Civil, uno estuvo con la república y otro con los nacionales: ¿con cuál nos quedamos, señor Salgado? Ahora va a ser que Zapatero hasta era un poco franquista ...

2 uu1

As incompatibilidades estão para algo, não é? Não se pode ser juiz e parte. Se encontras uma moeda romana é propriedade do Estado, claro que alguns encontram duas estatuas românicas e ...vergonha!!!

1 r7FD

¿Pero por qué pensas que o xuiz resolveu de acordo coa ideoloxía dos seus abós? ¿Ou queres dicir que os descendentes de esquerdas do Comandante de Artillaría Carlos Aymerich Luengo ían facer algunha trampiña e favorecer a Martiño? Perderon porque tiñan que perder. Porque non puideron demostrar a posesión efectiva das estatuas. Non consta que se fixese un pago demorado na escritura de 30.000 pts; din que as pezas están en Raxoi de 1948 a 1954, e non atopan unha foto, noticia de prensa, nada que xustifique que é certo o... conto que lle contaron ao perito. As cousas ou se fan ben ou non se fan. E os contos de que o avogado se me vendeu ou o xuiz me tiña manía, tampouco colan.

2 uu1

Com a lei? De verdade? As estatuas românicas da cátedras de Santiago devem estar...na catedral de Santiago, tudo o demais é um espólio. Por certo, os Francos não presentarom, nem tenhem, uma soa proba de que são da sua propriedade (as mercarom a um comerciante desconhecido e por suposto não perguntarom da sua procedência, gente cativa, comprando mercancias roubadas)

3 sermos mantidos

Uu1, para opinar, segundo que cousas, hai que ter formación básica ou información certa. A segunda falta aquí, salvo para conspiranoicos... A saber, un ben pode ser posuido por adquisición ilícita, hai prazos para reclamar e rematan precribindo. Iso é lei desde o Dereito Romano, chámase usucapión. Pasaron máis de catro décadas sen Franco e ninguén reclamou até agora! A familia do xenocida mesmo cedeu as pezas, figurando como propietario, para exposicións públicas! Esíxelles responsabilidades aos cómplices! A transición do réxime fascista foi unha baixada de calzas, non se repararon os expolios. Esíxelles responsabilidades aos que branquearon o fascismo: o PsoEspañol e asociados (PcEspañol, bloqueados e podemitas) son os responsables! A lei é a que hai para todos. Non hai unha lei especial que repare o franquismo, nin que condene a apoloxía do fascismo (así neste medio vemos comentarios asustadores que o moderador permite).

1 IntelligentiaPauca

¿Queredes dicir que os descendentes do comandante de Artillaría D. Carlos Aymerich Luego debían quedar inhabilitados para ejercer como xuices porque ían sentenciar dacordo coa ideoloxía do seu antepasado? En fin... A pataleta non pode ser mais pueril (e aldeana). Soa a aquelo de que o avogado se me vendeu e o xuiz tíñame manía.

1 Aldeão

Aí, os "aldeãos", os "aldeãos". Os "aldeãos" sempre são os outros. Os cosmopolistas são os defensores de Franco (com IntellegentiaPauca, sem dúvida), um sociopata pateticamente ignorante que só viajou a Portugal, se o fez. Sempre a mesma cantilena, não há falho.

2 PaxDei

Querido amigo: la verdad padece, pero no perece. Pasará más o menos tiempo, pero el castillo de naipes de la memoria histórica se viene abajo, tardará aún algo, pero caerá. Y entonces se volverá a lo de siempre: el comunismo es el mal absoluto, los 100 millones de muertos en el siglo XX. La guerra la provocaron los malos y la ganaron los buenos. Franco fue un gran héroe porque evitó que España cayese en manos del comunismo. Que no me venga nadie a contar que no había un peligro comunista (marxista o bakuninista) porque eso sería tan frívolo como decir que media España montó una guerra contrarrevolucionaria pero no sabía porqué ni contra qué luchaba.