Traballadores mostran a parte "máis humana" do peche de alcoa: "Hai xente que sofre"

"Detrás dun ERE non hai só números", suliñan nun acto celebrado na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2019 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

Varias decenas de traballadores da factoría coruñesa de Alcoa estiveron presentes este domingo en 'Os rostros de Alcoa', un acto organizado polo Concello da Coruña no marco do programa 'Tribuna Pública', "que pretende dar a coñecer ás persoas que loitan por manter os seus empregos".

Ante case un centenar de persoas, os traballadores da multinacional do aluminio mostraron a parte "máis individual" e "máis humana" do posible peche da factoría.

Tal como asegurou a Europa Press o presidente do comité de empresa da fábrica de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, os empregados da fábrica "seguen mobilizados" e "queren sensibilizar á opinión pública para que saiban que detrás dun ERE non hai só números".

"Detrás de cada número hai un traballador, unha familia, unha vida que depende dese posto de traballo. Tamén queremos estender esta visión a outros conflitos que non son tan visibles como o noso", sinalou López Corbacho.

Así, o presidente do comité de empresa subliñou que detrás de cada manifestación "hai persoas que sofren", así como "familias que o pasan mal", polo que os traballadores "non son simples números".

Traballadores de Alcoa mostran a parte 'máis humana' do posible peche da fa. TRABALLADORES DE ALCOA
Traballadores de Alcoa mostran a parte 'máis humana' do posible peche da fa. TRABALLADORES DE ALCOA | Fonte: Europa Press

XUNTANZA

Por outra banda, o presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, anunciou que este luns, día 25 de febreiro, os representantes dos traballadores da compañía reuniranse ás 10,00 horas co conselleiro de Economía, Francisco Conde, para "buscar unha saída á fábrica" e "manter os postos de traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta