O 061 pide "respecto" ante o incendio dunha ambulancia en Santa Comba

Este acto prodúcese nunha data fóra das xornadas de folga do sector e vén a darlle continuación ás "sabotaxes" que xa denunciou o organismo hai algunha semana

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 expresou este martes a súa "máis firme condena e repulsa" polo incendio dunha ambulancia con base en Santa Comba (A Coruña).

A través dun comunicado, o 061 indicou que o incendio do vehículo, que "forma parte da rede de transporte sanitario urxente", ocorreu sobre as 2,20 horas deste martes na Avenida Santiago de Santa Comba, lugar onde a ambulancia ten a súa base. "Afortunadamente non houbo que lamentar outros danos materiais ou persoais", engadiu.

O incendio desta ambulancia, matizan, "prodúcese nunha data á marxe das xornadas de folga acordadas polas organizacións sindicais UXT, CC.OO. e CIG" e cuxo terceiro tramo terá lugar entre as 00,00 horas do día 4 e as 23,59 horas do 10 de marzo. As protestas enmárcanse nun contexto de falta de acordo entre patronal e traballadores acerca do convenio colectivo.

Ante as "sabotaxes e actos vandálicos" que as ambulancias "están a sufrir" nas últimas semanas, o 061 insiste, unha vez máis, "en facer un chamamento ao comportamento responsable e consecuente" e en "esixir respecto dos bens e ás persoas", á vez que garante o servizo á cidadanía.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta