O incendio de Padrenda, o máis grave do ano tras arrasar 225 hectáreas

Na súa extinción traballaron dous helicópteros e un avión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 23:39

Comparte esta noticia

O incendio declarado na parroquia de San Pedro da Torre, no municipio ourensán de Padrenda, quedou extinguido a última hora da tarde deste mércores tras arrasar unha superficie estimada de 225 hectáreas.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, o lume entrou por Portugal sobre as 6,55 horas deste mércores e quedou controlado pola tarde. As primeiras estimacións provisionais sinalan que o incendio afectou a unha superficie de 225 hectáreas, 180 delas de monte raso e 45 de arboledo.

No seu control, traballaron, entre outros medios, un avión, dous helicópteros, sete brigadas, sete axentes, dúas motobombas e un técnico.

Incendio en Padrenda / tuitter EmerxenciasOU Incendio en Padrenda / tuitter EmerxenciasOU
Incendio en Padrenda / tuitter EmerxenciasOU Incendio en Padrenda / tuitter EmerxenciasOU

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cardoso

Hai que seguir o modelo de loita contra o lume de Portugal. O seu goberno de esquerdas fixo que desapareceran os incendios nos últimos catro anos. Feixóo, espabila!.