O alcalde da Coruña chama á "unidade" e pide que "todo o mundo sexa flexible" para evitar ruptura de En Marea

O rexedor herculino avanza que, de haber varias candidaturas, a Marea Atlántica abrirá un debate para "tomar unha decisión".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 28/02/2019 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, volveu chamar á "unidade" e pediu que "todo o mundo sexa flexible" para evitar a ruptura de En Marea coa presentación de varias candidaturas para o próximo 28 abril.

Xulio Ferreiro. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulio Ferreiro. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

"Agardo que podamos atopar unha vía para que non existan varias candidaturas neste espazo político para as eleccións xerais", respondeu Ferreiro este xoves, día no que, ás 23,59 horas, se pecha o prazo para presentarse ás primarias de En Marea, que rexeita integrarse nunha coalición electoral, fórmula pola que apostan Podemos, Anova, EU e as mareas municipais de Santiago e A Coruña.

Ferreiro lembrou que a súa proposta —a de presentarse ás eleccións xerais como unha coalición de partidos— "foi acollida" na Marea Atlántica. "Nós traballamos sempre pola unidade e isto é un exemplo da unidade aquí na Coruña", afirma.

Con todo, "se non se desen esas condicións" e finalmente se presentasen varias candidaturas, Ferreiro avanzou que "a Marea Atlántica abrirá un proceso de debate e tomará unha decisión sobre o que ten que facer de face ás eleccións xerais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta