Evacuadas tres persoas tras un incendio provocado por un lavalouzas nunha vivenda de Coristanco

Por E.P. | A CORUÑA | 06/03/2019 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

Un total de tres persoas tiveron que ser evacuadas tras un incendio causado polo mal funcionamento dun lavalouzas na súa vivenda situada na localidade coruñesa de San Xusto, no municipio de Coristanco.

Un dos habitantes da casa puido saír por unha das xanelas, pero foi necesaria a intervención dos Bombeiros para desaloxar a outras tres persoas que se atopaban dentro do inmoble no momento do incendio.

En total, dúas mulleres foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia por inhalación de fume e un rapaz tivo que ser evacuado por mor de cortes causados polos cristais rotos dunha porta.

A chamada dun particular ao redor das 3,30 horas da madrugada deste mércores alertou ao 112 Galicia de que vía saír lume desde a casa unifamiliar e que o fume producido impedía que os moradores puidesen abandonar a vivenda.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisou aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Bergantiños e de Arteixo, aos GES de Ponteceso, á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tras sufocar o lume, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento informaron de que ardera o lavalouzas.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta