Temas: CRISE

A maioría dos economistas galegos percibe estancamento ou desaceleración da economía

Un estudo do Consello de Economistas reflicte que son os parados e os asalariados do sector público quen peor perciben a economía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2019 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O 46,7% dos economistas galegos opina que "non existen indicios de desaceleración, pero tampouco de crecemento significativo" e o 31,9% estima que as cifras achegan unha tendencia "relevante de desaceleración", segundo un estudo do Consello Galego de Economistas.

A maioría dos economistas galegos percibe estancamento da economía. REMITIDA
A maioría dos economistas galegos percibe estancamento da economía. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Tan só o 10,2% se mostra optimista respecto ao futuro. A provincia de Lugo, cun 57%, opta pola tendencia negativa, mentres que os economistas da Coruña rebaixan a percepción crítica ata o 17,8%.

Os datos despréndense dos resultados do Barómetro de Economía correspondente ao segundo semestre de 2018, realizado polo Consello de Economistas, órgano que aglutina aos colexios de economistas do catro provincias.

Son os parados e os asalariados do sector público quen perciben a economía de maneira máis negativa; en tanto que por sectores, son os traballadores da industria (71,8%) e os empregados de servizos (79,4%) nos que se centra o "desánimo económico", apunta.

Os economistas consideran -nun 56,9%- que a economía está igual que o ano anterior, o 25% afirma que está peor e o 18% asegura que mellorou.

Son os colexiados que traballan no sector da construción os que se mostran máis optimistas sobre a evolución económica, mentres que os que operan na industria (66,6%) e servizos (64,7%) opinan que está estancada.

Por último, os colexiados da Coruña consideran que a situación económica da provincia está por enriba da media de Galicia e de España.

Temas: CRISE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta