As mulleres de En Marea, PSdeG e BNG fan folga mentres no PP a decisión é individual

A Xunta fará unha concentración en San Caetano polo Día da Muller e os concellos das sete cidades terán actos conmemorativos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2019 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

A Xunta e os principais grupos políticos de Galicia --PPdeG, En Marea, PSdeG e BNG-- apoiarán a celebración este venres do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, xa sexa a través de diferentes actos, secundando a xornada de folga ou asistindo ás concentracións previstas ao redor das 20,00 horas en diferentes cidades e municipios.

Pola súa banda, o Partido Popular de Galicia indica que a intención da formación é que as mulleres teñan "total liberdade" para participar en calquera tipo de paro ou manifestación que haxa convocada.

O PPdeG xa celebrou o pasado domingo un acto en Santiago no que Feijóo, que chegou a sopesar non intervir nel, defendeu que o "8 de marzo cada muller ten dereito a reivindicar a igualdade como lle pete, traballando ou indo ao paro" laboral, á vez que criticou o uso da igualdade como "arma partidista".

Desde a oposición, En Marea sumarase ás mobilizacións do 8M e as mulleres da organización, tanto da coordinadora como do Consello das Mareas e do grupo no Pazo do Hórreo, farán folga. Podemos Galicia e Anova apoiarán tamén as diferentes modalidades de protesta nos municipios dos que proveñen. 

Por parte do PSdeG, fontes do partido aseguran que os seus diferentes cargos internos acudirán ás manifestacións nos concellos onde haxa, ademais do apoio explícito xa mostrado nos últimos días.

As mulleres socialistas que ostenten cargos públicos farán folga "maioritariamente", segundo indican as mesmas fontes. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistirá á mobilización en Vigo, mentres que o portavoz no Pazo do Hórreo, Xoaquín Fernández Leiceaga, fará o propio na de Santiago.

En canto ao BNG, os nacionalistas prevén que todas as mulleres vinculadas á formación farán folga tanto no ámbito laboral e político, como de consumo e de coidados. A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, asistirá á manifestación da capital galega, mentres que cada integrante do partido seguirá as mobilizacións no lugar no que se atopen.

CONCENTRACIÓN EN SAN CAETANO

A Xunta celebrará a xornada cunha concentración na súa sede de San Caetano que estará aberta a todos os funcionarios e cargos públicos. No entanto iso, a Administración autonómica abriu xa o xoves, día 7, a conmemoración do Día da Muller a través dun acto na Cidade da Cultura.

Manifestación feminista Vigo o 2018
Manifestación feminista Vigo o 2018 | Fonte: EP

CONCELLOS DAS CIDADES

Tamén todos os concellos do sete cidades galegas contarán con actos conmemorativos do Día da Muller. Así mesmo, farán folga as mulleres das administracións locais de Pontevedra (BNG), Santiago (Compostela Aberta), A Coruña (Marea Atlántica), Ferrol (Ferrol en Común), Lugo e Vigo (ambos os do PSOE).

Onde si influirá o Día da Muller será en Santiago, xa que as edilas da capital galega non terán axenda e mesmo o Concello decidiu pospor ata o luns a súa xunta de goberno.

En canto a Vigo, o seu alcalde, Abel Caballero, asegurou que "sen ningunha dúbida" acudirá "a todas" as mobilizacións que se convoquen, á vez que fixo un chamamento a que "toda a cidade" participen nas mesmas. Fontes do Consistorio olívico indican que as mulleres da administración local farán folga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Galeguiña

E logo, as que non son do PP estàn na obriga de facer folga? Coido que os dereitos, teñen carácter de tales sempre que o seu exercicio poida realizarse con liberdade. Si non é así, non son dereitos, son imposicións.

1 cachamuiña

äs cargos públcos e as liberadas sindicais, vanlles descontar o seu salario ?