Catro feridos nun accidente entre dous vehículos en Sada

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2019 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado entre dous vehículos na localidade coruñesa de Sada, segundo informa o 112. Foron trasladados ao Hospital San Rafael da Coruña.

O sinistro produciuse pasados uns minutos das 23,00 horas deste xoves, cando varios particulares informaron ao 112 do choque na AC-182 preto do polígono industrial Espírito Santo, á altura do cruce que une Sada e Oleiros.

O 112 informou ao 061, aos bombeiros de Betanzos e aos axentes da Garda Civil de Tráfico, ademais dos membros de Protección Civil da localidade.

Os bombeiros indicaron que non foi preciso o uso do material de excarceración e catro persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios en ambulancia.

Coche accidentado
Coche accidentado

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta