A Xunta insiste en pedir o coñecemento do galego nas oposicións a pesar das críticas de Vox e de Pablo Casado

A Consellería de Facenda pide que se acredite o coñecemento do galego nas oposicións para cubrir as 205 prazas de persoal subalterno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

A Consellería de Facenda publicou este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das oposicións para cubrir 205 prazas de persoal subalterno e tres de ordenanza, que terán un procedemento máis áxil ao constar dun só exercicio obrigatorio e eliminatorio. Tamén será obrigatorio coñecer o galego.

Segundo informa a Xunta, este cambio é introducido co obxectivo de "axilizar todo o proceso", o que permitirá que as persoas que obteñan unha das prazas de emprego accedan "antes" a ela.

O exercicio consistirá nun cuestionario de 60 preguntas tipo test propostas polo tribunal, das que 20 corresponderán á parte común do programa e 40 á parte específica. Ademais, tamén esta proba simplificarase, posto que cada pregunta contará con tres opcións, das que só unha será a correcta. Este exame terá lugar antes do sete meses posteriores á publicación da convocatoria no DOG --este luns--.

A parte desta proba obrigatoria, tamén haberá unha segunda para evidenciar o coñecemento do galego, aínda que quedarán exentas dela as persoas que acrediten o 'Celga 2' ou equivalente. Unha vez acaben estas probas da fase de oposición, a Xunta procederá a avaliar os méritos que acredite cada aspirante, xa que o procedemento realízase a través do concurso-oposición.

Todo aquel que queira apuntarse na convocatoria, que é de acceso libre, terá un prazo de 20 días hábiles que empezarán a contar a partir deste martes. Deberán facelo a través do modelo de solicitude que se facilita en Internet e terán que abonar a taxa correspondente.

Os participantes deben ter cumpridos os 16 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa. En caso de prazas de persoal laboral, os aspitantes deberán acreditar tamén o cursar a escolaridade obrigatoria no sistema educativo español.

Oposicións do Sergas en Silleda (Pontevedra)
Oposicións do Sergas en Silleda (Pontevedra)

Por outra banda, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abriu este luns o prazo para inscribirse nas oposicións aos distintos corpos docentes. O pasado venres, a Consellería publicou no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se convocan os procedementos selectivos, con 2.064 prazas en 36 especialidades. Do total, 1.122 prazas son relativas ás taxas de reposición, 666 á estabilización de emprego temporal e 276 de promoción interna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta