Realizan cinco pintadas en varias zonas da Catedral de Santiago

Podíanse ler mensaxes como 'Eu non saín da túa costela, ti saíches da miña cona!'. O Concello de Santiago condenou xa estas agresións contra o patrimonio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2019 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

A Catedral de Santiago de Compostela amenceu na mañá deste martes con cinco pintadas reivindicativas en distintas zonas das súas fachadas, nas que se poden ler mensaxes como 'Eu non saín da túa costela, ti saíches da miña cona!'.

En concreto, a pintada na que aparece esta frase foi realizada na parte baixa das escaleiras que dan acceso á basílica desde a Praza do Obradoiro, que xa foi tapada cun manto branco.

Pola súa banda, o catro restantes sitúanse na zona do Arco de Palacio e nelas aparecen mensaxes como 'Guillotina, Borbón', 'Gritaremos ata quedarnos sen Vox', 'Non nos pararán' e 'Machitos', estas dúas últimas acompañadas co símbolo feminino debuxado en forma mira dunha arma.

Tras a aparición destas pintadas, o Concello de Santiago condenou a través das redes sociais esta "nova agresión ao patrimonio" e informou de que xa se puxo a disposición da Catedral para colaborar en todo o que sexa necesario. "As pintadas serán analizadas por expertos para determinar o modo de eliminalas", explica o Consistorio compostelán a través do seu perfil de 'Twitter'.

Estas pintadas teñen lugar despois de que en agosto de 2018 unha escultura do século XII da fachada románica de Praterías sufrise outro acto vandálico cunha pintada coa palabra Kiss escrita en azul e uns bigotes a emulación dun dos membros deste grupo de rock.

Realizan varias pintadas vandálicas na Catedral de Santiago
Realizan varias pintadas vandálicas na Catedral de Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 MestreMa

E as figuriñas que teñen os descendentes de Paco e Carmen, non pintan aínda máis mal? As pintadas límpanse aínda que se foda un pouco a pedra; o outro e foder o patrimonio limpando as pedras...

2 Toño

Hay que ser becerro para facer eso

1 Su Señoría Deputada

Becerra

1 Txu-pa-ma

Ignorancia en estado puro. Teñen razón no que din pero hai que escoller o lugar adecuado... E o idioma usado xa di o demais...

1 tararítarará

Os autores parecen habituados a falar en galego, e galego de zona onde se use gheada. Digoo pola gillotina.