O absentismo laboral en Galicia foi de 13.400 persoas ao día durante o terceiro trimestre de 2018

Esta situación supuxo a perda de máis de 25 millóns de horas traballadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

Un estudo de Randstad Research publicou no seu informe trimestral sobre o absentismo laboral que no terceiro trimestre de 2018 unha media de máis de 13.400 persoas ao día faltaron a traballar en Galicia a pesar de non estar de baixa, mentres que preto de 41.000 ausentáronse por unha incapacidade temporal.

O estudo, que utiliza datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), asegura que o absentismo laboral en conxunto (xustificado ou non) en Galicia, supuxo a perda de máis de 25 millóns de horas traballadas durante o trimestre estudado, o que se traduce nun 5% do total das horas pactadas e sitúase por encima da media nacional.

A nivel nacional, máis de 873.000 traballadores de media non acudían ao seu posto de traballo no período analizado. Isto correspondíase con 234.000 que o facían a pesar de non ter unha baixa e unhas 640.000 que si contaban cunha incapacidade laboral. En total, a causa do absentismo laboral, perdéronse case 400 millóns de horas non traballadas.

En canto aos sectores en España, Randstad destacou que a industria é onde se rexistra o maior absentismo, cun 4,8%. O seguinte é o sector servizos, cun 4,5%, mentres que a construción é onde se produce a menor porcentaxe, cun 3,3%.

SECTORES CONCRETOS

Os sectores concretos que rexistraron menores taxas de absentismo durante o terceiro trimestre de 2018 foron os relacionados co emprego (2,4%), venda e reparación de vehículos de motor (2,6%) e actividades de aluguer (2,6%).

En canto aos de maior nivel de absentismo atópanse as actividades de xogo de azar e apostas (7,4%), asistencia en establecementos residenciais (7,1%) e fabricación de vehículos de motor (7%).

Un traballador nun local de restauración
Un traballador nun local de restauración | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta