Nova protesta na Coruña este domingo en defensa da sanidade pública

Por outra banda, os médicos de Atención Primaria da provincia acordan sumarse á folga en abril.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/03/2019 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A cidade da Coruña acollerá este domingo, 17 de marzo, unha nova concentración das Mareas Brancas para defender unha "sanidade pública" e de "calidade" en Galicia. Segundo informou a Coordinadora Antiprivatización da sanidade pública A Coruña, como cada terceiro domingo de cada mes este 17 de marzo realizarán unha mobilización ás 12,30 horas no Obelisco na cidade herculina.

Representantes políticos na manifestación en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública
Representantes políticos na manifestación en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública | Fonte: BNG.

"Como non podía ser doutra maneira, o novo modelo de Atención Primaria que presenta Feijóo non gusta nin aos seus", sostén a Coordinadora, que chama a acudir á mobilización deste domingo para "gritar" con eles "a sanidade non se vende, a sanidade deféndese".

Ademais, avanzan que falarán este domingo "do que debe ser unha Atención Primaria" e da "contestación do Sergas sobre as listas non estruturais" á súa pregunta, sobre que pasa coas persoas que se negan a ir á privada.

MÉDICOS EN FOLGA

Por outra banda, médicos de Atención Primaria da Coruña acordaron sumarse á folga proposta para o mes de abril pola coordinadora que agrupa en Galicia a este colectivo.


Así o informou a Europa Press o portavoz da coordinadora coruñesa, Ramón Beiras, tras unha reunión celebrada á última hora da tarde deste xoves.

A Coordinadora Galega de Atención Primaria acordou, nun encontro mantido esta semana, propor a convocatoria dunha primeira xornada de folga xeral na Atención Primaria de Galicia para os días 9, 10 e 11 de abril.

Ese foi o resultado dunha reunión na que participaron membros das diferentes asembleas das áreas sanitarias de Galicia, sociedades científicas, membros de SOS Sanidade Pública e da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública, así representantes dos xefes de servizo dimitidos de Vigo e da PAC, entre outros.

Os integrantes manteñen como "irrenunciables" os cinco puntos reclamados para mellorar, de acordo coas súas demandas, a Atención Primaria e a "negociación en pé de igualdade" dos mesmos, directamente coa Consellería de Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta