O Supremo pon punto e final ao proxecto mineiro de Corcoesto

Avala a negativa da Xunta ao proxecto e a multinacional esgota a vía xudicial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O Tribunal Supremo avalou a negativa da Xunta ao proxecto da mina de Corcoesto, na comarca de Bergantiños (A Coruña), tras non admitir a trámite o recurso de casación presentado pola mineira.

A Xunta ditou en 2014 a resolución de denegación definitiva do proxecto da mina de Corcoesto, situado entre os municipios coruñeses de Cabana de Bergantiños e Coristanco, impulsado pola empresa Mineira de Corcoesto, filial da canadense Edgewater.

En 2018, a Sala do Contecioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avalou esa decisión da Xunta baseada na falta de "solvencia financeira e técnica" do proxecto.

Agora, nunha providencia, con data de 14 de marzo de 2019, a Sección Primeira da Sala do Contencioso do Supremo non admite a trámite o recurso da mineira por "falta de fundamentación suficiente" e debido a "a carencia de interese casacional obxectivo", xa que o cumprimento dos requisitos de solvencia técnica e económica "están excluídos da casación".

Esta resolución é firme polo que non cabe recurso. Deste xeito, chégase ao fin da vía xudicial por parte da mineira nun proxecto que provocou gran controversia desde os seus inicios, con diversas mobilizacións na súa contra.

Zona de Val de Campiña, en Corcoesto. SALVEMOS CABANA - Arquivo
Zona de Val de Campiña, en Corcoesto. SALVEMOS CABANA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta