O PSdeG critica o "máximo cinismo" de Almuíña por esixir as acreditacións MIR que levan "10 anos evitando"

Os socialistas galegos lembraron que "hai pouco máis dun mes" o PP rexeitaba unha moción "xustamente nese sentido", co fin de "axilizar os procesos de acreditación de prazas de novo ingreso para MIR en Pediatría".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O parlamentario do grupo socialista, Xullo Torrado, acusou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, de protagonizar unha "mostra de cinismo político levado á a máxima expresión" tras lamentar en Madrid non alcanzar as acreditacións para ampliar as prazas MIR de médicos de Familia e Pediatría, que levan "10 anos" sen presentar.

Torrado criticou esta "pirueta dialéctica máis propia dun exercicio circense" coa que o PP "pretende responsabilizar ao goberno central" por non facer as tarefas "que son obrigación da Consellería de Sanidade".

Neste sentido, nun comunicado, lembrou que "hai pouco máis dun mes" rexeitaban no Parlamento de Galicia unha moción socialista "xustamente nese sentido", co fin de "axilizar os procesos de acreditación de prazas de novo ingreso para MIR en Pediatría", entre outros.

Julio Torrado, PSdeG
Julio Torrado, PSdeG | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta