Carmela Silva anuncia a xornada da Escola de Igualdade María Vinyals en Pontevedra co tema 'Muller e poder'

A xornada quere facilitar a posta en común de boas prácticas e modelos na xestión de persoas e equipos, na xestión do poder e na propia autogestión persoal desde a perspectiva de xénero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2019 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a programación da xornada anual da Escola de Igualdade María Vinyals que en 2019 centrarase no tema 'Muller e poder'. Este venres abriu o prazo de inscrición para asistir a esta actividade, que terá lugar o mércores 3 de abril.

Carmela Silva destacou este venres que a Escola contará coa presenza de "grandes mulleres a nivel galego e nacional", e citou a Laura Freixas, Berta Fernández, Altamira Gonzalo, Montserrat Boix, Desirée Vila e África González. O obxectivo de 'Muller e poder', segundo explicou Silva, é construír un espazo no que compartir experiencias e coñecementos referidos ao exercicio da responsabilidade e toma de decisións.

Ademais quere facilitar a posta en común de boas prácticas e modelos na xestión de persoas e equipos, na xestión do poder e na propia autogestión persoal desde a perspectiva de xénero. Nesta xornada preténdese trasladar de maneira práctica "todo o que significa e implica ser muller en diferentes ámbitos de poder" desde a ciencia e a tecnoloxía, a cultura, a empresa, o deporte, os medios de comunicación ou a política, asegurou a presidenta.

As conferenciantes achegarán as súas experiencias, incidirán nos obstáculos que dificultan o acceso a espazos de decisión e postos de responsabilidade e reflexionarán sobre novos estilos de liderado. "Onde temos que ter o 50% do protagonismo", dixo Carmela Silva. A xornada está dirixida principalmente a persoal da administración local e dos Centros de Información á Muller (CIM), así como a persoas que traballan a favor da igualdade e contra as violencias machistas.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta