A historia e a literatura volven conquistar Monterrei

O fin de semana do 29 ao 30 terán lugar en Verín as II Xornadas de Novela Histórica.

Por Galicia Confidencial | Verin | 23/03/2019 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Historia e literatura foron sempre unha moi boa combinación. Tanto, que a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega SAGA e o Concello de Verín as II Xornadas de Novela Histórica tras o éxito das primeiras. Un evento que terán lugar do 29 ó 30 de marzo e que levará á Limia aos mellores escritores en español de novela histórica.

Os escritores e profesores Javier Sierra, José Luis Corral, José Calvo Poyato e o divulgador Miguel Losada nas I Xornadas de Novela Histórica de Verín
Os escritores e profesores Javier Sierra, José Luis Corral, José Calvo Poyato e o divulgador Miguel Losada nas I Xornadas de Novela Histórica de Verín

“O programa inclúe profesionais e creadores moi importantes nos seus eidos, e que veñan até unha vila galega como Verín non é nada doado, sobre todo porque estes creadores veñen non como grandes fichaxes, senón como autores interesados na cultura galega e colaboradores da entidade”, apunta a GC Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e un dos organizadores do evento.

Así, entre eles destacan os coñecidos escritores de novela histórica Margarita Torres, José Calvo Poyato, Francisco Narla, Santiago Posteguillo ou Alejandro Corral. Tamén colaborarán no ciclo, ademais do propio Losada, Manuel Mandianes, o músico Emilio Arias ou Noa González, unha Blogueira galega especializada no tema.

“Trátase de que, como galegos, e dende a nosa maneira de ver o mundo, podemos tamén ter e desenvolver unha perspectiva sobre traballos noutras linguas nas que se fala de directa ou indirectamente de Galicia ou sobre temas deses que adoitan chamarse universais”, asegura Losada.

O ano pasado o ciclo concentrou a máis de 600 persoas nunha vila de tamaño medio como é Verin.  Este ano a organización agarda que a afluencia aínda sexa maior. Todo o programa na páxina web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta