Piden 14 anos de cárcere para dous acusados de violar a unha moza en Vilagarcía

Os tres participaran nun botellón e os homes aproveitáronse da indefensión da muller que estaba baixo os efectos do alcol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2019 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrará este martes, día 26 de marzo, un xuízo contra dous homes acusados de violar a unha moza que se atopaba baixo os efectos do alcol tras realizar 'botellón' no domicilio dun deles na localidade pontevedresa de Vilagarcía, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A causa procede do Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía e, polos feitos que se lles imputan, a Fiscalía pide unha pena de 14 anos de prisión para cada un dos acusados por un delito de agresión sexual, en concepto de autor para un e de cooperador necesario para o outro.

O Ministerio Fiscal tamén reclama a prohibición de aproximarse á vítima a menos de 250 metros e de comunicarse con ela por calquera medio, así como o pago das costas e dunha indemnización conxunta e solidaria de 9.000 euros en concepto de dano moral.

FEITOS

Segundo relata no seu escrito de cualificación o Ministerio Público, a noite do 18 de maio de 2013 os acusados estiveron a facer 'botellón' con varios amigos, entre os que se atopaba a vítima, no domicilio dun deles situado en Vilagarcía.

Sobre as 05,30 horas, tras saír para acudir a un concerto, os dous presuntos violadores regresaron á vivenda, á que media hora máis tarde volvería igualmente a moza, "quen nese momento atopábase aparvada pola previa inxesta de bebidas alcohólicas e un fármaco", quedándose ao pouco tempo durmida nunha cama na que se deitou un dos acusados, atopándose o outro nunha cama á beira.

"Así as cousas, un deles, actuando en común acordo co outro acusado, con ánimo de atentar contra a liberdade sexual da vítima e satisfacer os seus desexos lúbricos, comezou a quitarlle a saia, os pantis e a súa roupa interior, espertándose nese momento a moza, quen lle manifestou en reiteradas ocasións que parase", explica a Fiscalía.

Nese momento, a vítima comezou a chorar, xa que o presunto violador non cesaba, e tentou incorporarse sen chegar a conseguilo, dado que se colocou encima dela, "comezando a penetrala vaxinalmente". Ao tempo, o outro acusado suxeitáballe dun brazo e aproximáballe os seus xenitais á boca, negándose a vítima a realizar unha felación "pechando a boca con forza".

"Unha vez o primeiro acusado consumou a penetración exaculando, retirouse ao carón, aproveitando a moza para vestirse apresuradamente e abandonar o domicilio", sentencia o Ministerio Fiscal.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados De Santiago, En Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta