En Marea denuncia á Xunta ante a Junta Electoral por "divulgar propaganda indebida en época preelectoral"

O partido instrumental ve "inadecuada" a publicación na web da Xunta dunha campaña de "logros e proxectos" en materia turística.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2019 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

En Marea presentou unha denuncia ante a Xunta Electoral Central contra a Xunta por "divulgación de propaganda indebida en época preelectoral". En concreto, o partido instrumental entende que a publicación na web do Goberno galego dunha campaña de "logros e proxectos" en materia turística constitúe un incumprimento da regulación en período de campaña.

Segundo recolle un comunicado emitido este mércores, a dirección de En Marea que encabeza Luís Villares cre que a campaña, titulada 'Xuntos estamos construindo a mellor Galicia para visitar, que é tamén a mellor para vivir', ten como obxectivo "encomiar os logros do PP en materia turística e de creación de emprego".

Deste xeito, sinala que esta campaña e a súa publicación na páxina web institucional do Goberno galego vulnera o artigo 50.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), así como a instrución emitida o pasado 4 de marzo pola JEC sobre as consecuencias da simultaneidade das eleccións xerais cos comicios locais, europeos e autonómicos convocados para un mes despois.

Así as cousas, tras censurar o "afán propagandístico" do Goberno galego que lidera o popular Alberto Núñez Feijóo, En Marea solicita que dita campaña sexa "prohibida" durante o período electoral e que a JEC "adopte as medidas sancionadoras prevista na LOREG".

Exemplar de La Voz de Galicia sobre turismo
Exemplar de La Voz de Galicia sobre turismo

A Xunta leva licitados xa no que vai de ano case 16 millóns de euros en campañas publicitarias nos grandes medios de comunicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta