Colectivos sanitarios e Anpas entregarán sinaturas no Parlamento para que os colexios teñan un enfermeiro

A finais de novembro, rexistraron unha proposición no Parlamento de Galicia para reclamar o recoñecemento da figura da enfermaría escolar en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Colectivos sanitarios e asociacións de pais entregarán este luns no Parlamento de Galicia as 32.821 sinaturas solicitadas na campaña cidadá que pide o recoñecemento a nivel galego da figura do enfermeiro escolar.

Diso informan a través dun comunicado no que resaltan que a proposición conta cos apoios de diferentes colectivos e asociacións do ámbito educativo e sanitario que consideran que a enfermaría escolar "é unha necesidade real" na sociedade e "un dereito dos nenos, non un privilexio". Este perfil, lembran, xa está implantado en diferentes comunidades pero a nivel estatal non existe unha regulación "uniforme" sobre esta figura, que funciona en Madrid, Valencia, Estremadura e Murcia.

A campaña de recollida de firmas arrincou hai meses baixo o impulso dun colectivo que engloba a dez diferentes asociacións do ámbito sanitario e escolar. A finais de novembro, rexistraron unha proposición no Parlamento de Galicia para reclamar o recoñecemento da figura da enfermaría escolar en Galicia e que, deste xeito, cada centro educativo conte cun enfermeiro dentro da súa organigrama para que atenda, ademais de tarefas sanitarias, labores de educación en saúde entre o alumnado.

Parlamento De Galicia
Parlamento De Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta