Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2019 | Actualizada ás 10:51
Un home duns corenta anos faleceu esta noite na localidade coruñesa de Cedeira tras dar varias voltas de campá por saír da vía co vehículo no que viaxaba.
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 23,30 horas desta noite, na AC-566, á altura de O Piñeiro (San Cosme).
Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ferrol para excarcerar á vítima, que quedara atrapada no interior do turismo, unha 'pick-up' Toyota Hilux.
Ademais dos axentes de Tráfico, os Servizos Sanitarios de Urxencia e os Bombeiros, tamén acudiron os efectivos de Protección Civil de Cedeira e o persoal do servizo de mantemento da vía.
Fontes da Protección Civil informaron a que se trataba dun veciño de Cedeira dun corenta anos e patrón dun barco de pesca da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.