Extinguido un incendio nun domicilio de Santiago que non deixa danos persoais

Xa acabadas as tarefas de extinción, os bombeiros explicaron que ardeu por completo a cociña da vivenda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2019 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Unha casa situada no lugar de Sionlla de Abaixo, en Enfesta, Santiago de Compostela, sufriu un incendio este domingo que podería estar causado por unha posible fuga de gas, segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia.

No sinistro, do que tivo constancia o 112 ao redor das 09,00 horas, non se produciron danos persoais. O servizo das 061-Urxencias Sanitarias comunicou ao 112 a saída dunha ambulancia ao domicilio indicado pasados uns minutos das nove da mañá.

Tras chegar ao momento, os bombeiros de Santiago confirmaron ao 112 que se produciu unha explosión con incendio na planta baixa do inmoble. Os axentes da Policía Nacional, Local e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados o suceso. Unha vez acabadas as tarefas de extinción, os bombeiros explicaron que ardeu por completo a cociña da vivenda. Outras dependencias do inmoble tamén se viron afectadas polo lume.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta