Detido en Ourense un home de 70 anos polo 'timo do alugueiro'

O septuaxinario, natural de Lugo e con antecedentes, estafou presuntamente máis de 1.500 euros a catro vítimas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/04/2019 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron en días consecutivos a un home de 70 anos, natural de Lugo e con catro antecedentes, como presunto autor dun delito continuado de estafa co 'timo do alugueiro'.O individuo foi detido o pasado día 3 por un delito continuado de estafa, tras o que pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade. Ao día seguinte foi de novo arrestado por un feito similar, alcanzando a contía estafada os 480 euros. O septuaxenario pasou este venres a disposición xudicial.

Segundo informou a Policía Nacional, entre os días 21 de xaneiro e 6 de marzo de 2019 producíronse catro estafas cun 'modus operandi' que consistía na publicación dun inmoble a través dunha páxina web. Unha vez postos en contacto co anunciante, o septuaxenario procedía a ensinarlle o piso e recibía en calidade de axente inmobiliario ou intermediario un mes de fianza, para o que expedía un recibo asinado polas dúas partes.

Unha vez o futuro arrendatario ponse en contacto co intermediario para que lle entregue as chaves, este comunícalle que a inquilina anterior non abandona a vivenda ou que a propietaria non lle acepta como arrendatario, pero non lle devolve a cantidade recibida en concepto de fianza, indica a Policía.

A cantidade estafada nos catro casos denunciados ascende a 1.670 euros, aínda que a unha das vítimas lle devolveu os 290 euros que lle adiantara. A Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, tras realizar labores para o esclarecemento dos feitos delituosos, solicitou información das catro vítimas. Nestes casos o presunto autor é o mesmo, o cal "aproveita as situacións persoais e económicas desfavorables das vítimas", sinalou a Policía.

Foto de recurso Policía Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo
Foto de recurso Policía Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta