“Tería que dimitir a valedora e o vicevaledor”, di Feijóo para solucionar o problema desta institución

O presidente galego defende a estratexia do PP de deixar indefinidamente á valedora no seu cargo ata chegar a un pacto vantaxoso con outros partidos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo dixo este xoves exactamente o contrario do que dicía hai unha semana. Se na anterior rolda de prensa posterior Consello da Xunta, manifestaba o seu respecto pola decisión da Valedora de dimitir do cargo, nesta defendeu a nova postura do PP que é a mesma que a da valedora: “que continúe no seu cargo ata que se atope un ou unha substituta”.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: EP

Neste sentido, o presidente galego manifestou que, se Milagros Otero dimite, tamén ten que dimitir o seu segundo, o vicevaledor, Pablo Cameselle, proposto polo PSdeG. “Foi el o que asinou a praza de asesora –de María Puy Fraga, a irmá do voceiro do PP, Pedro Puy e sobriña de Manuel Fraga--”. “Se esa é a opción que queren os grupos pois entón haberá un vacío nesa institución que ninguén poderá tramitar nada”, ameazou Feijóo.

"A outra", dixo, "é que os grupos cheguen a un acordo". Con todo, esta postura que agora defende o presidente galego e o seu partido é diferente a que defenderon tras a dimisión de Benigno López en 2012, que fora proposto polo PSdeG, substituído polo vicevaledor, José Julio Fernández, proposto polo PP. Agora, esa posición que defenderon hai sete anos xa non lles vale.

Por iso, agora o PP e Feijóo, sabedores das dificultades para chegar a un acordo co resto de partidos, propoñen a continuidade de Milagros Otero. “Se hai unha postura en común das tres partes do Parlamento haberá acordo”, dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta