Educación abre este martes o prazo para que os centros educativos soliciten sumarse ao proxecto de libro dixital

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para a selección de centros que queiran sumarse ao proxecto de libro dixital 'e-Dixital' no curso 2019/2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para a selección de centros que queiran sumarse ao proxecto de libro dixital 'e-Dixital' no curso 2019/2020.

Poderán solicitalo aqueles centros educativos galegos sostidos con fondos públicos que impartan o próximo curso ensinos de quinto e sexto de primaria e de primeiro e segundo de ESO, e que conten con aulas dixitalizadas, que inclúan Intercambio Electrónico de Datos (EDI, das súas siglas en inglés), proxector, equipo no posto docente e conexión á rede.

"Os centros de primaria que se incorporen comprometeranse a impartir a totalidade das materias en modalidade dixital; mentres que os de secundaria farano en polo menos seis delas. Ademais, deberán asumir o compromiso de implantar esta modalidade no curso 2019/2020 en quinto de educación primaria ou en primeiro de ESO e de estendela a sexto ou segundo en 2020/2021", lembrou a Xunta nun comunicado.

Así mesmo, os centros adscritos a este proxecto contarán coa conexión á rede adecuada, cos medios tecnolóxicos necesarios na aula tanto para o profesorado e para o alumnado, e terán acceso a un contorno de aprendizaxe virtual cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería.

As solicitudes poderán presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos. Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico 'edixital@edu.xunta.es'. O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria estará aberto durante un mes a partir do día seguinte ao da súa publicación. O proxecto 'e-Dixital' enmarcarase na Estratexia galega para a Educaión Dixital (Edudixital 2020).

O programa 'Escolas conectadas' conectará con redes WiFi a 700 centros educativos estremeños. HP - Arquivo
O programa 'Escolas conectadas' conectará con redes WiFi a 700 centros educativos estremeños. HP - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta