Pontón defende que "non fai falla ser nacionalista" para votar o BNG

A portavoz nacional di que votar BNG ten "premio extra": "Defender Galicia e frear a dereita rancia". Apela aos indecisos para que o 28 de abril opten pola formación nacionalista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2019 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apelou aos indecisos para que o 28 de abril opten pola formación nacionalista, porque a papeleta do Bloque ten "un premio extra", ao "garantir" a defensa de Galicia e frear a entrada da "dereita carca", "rancia e "antigalega" que representa "Vox e Ciudadanos", dixo.

Acto electoral do BNG na Coruña
Acto electoral do BNG na Coruña | Fonte: Europa Press.

Consciente de que o BNG disputará escanos na Coruña e Pontevedra con estas dúas formacións, Ana Pontón reiterou que "non fai falla ser nacionalista" para votar o Bloque "senón querer un futuro mellor para este país".

"O 28A os e as galegas temos a oportunidade de ser decisivos cun voto que ten un premio extra, porque co voto ao BNG defendemos Galicia, defendemos dereitos sociais, liberdades públicas e democracia, pero tamén se impide que haxa un só escano da dereitona rancia, machista e antigalega, á que lle estamos disputando escanos non só na Coruña senón tamén en Pontevedra, a esa dereita que representan Vox e Ciudadanos", argumentou.

Nun acto celebrado na Coruña, Pontón, ante a porcentaxe moi alta de voto aínda sen decidirse, dirixiuse aos indecisos que "teñen preocupación e non saben aínda a quen votar", aos que lembrou que para optar polo Bloque non fai falla ser nacionalista.

"O único que se necesita é levar Galicia na cabeza e no corazón, querer que este país teña un futuro mellor e acabar cun trato discriminatorio que nos impide saír adiante e ter un futuro máis esperanzador", resaltou.

No entanto, a portavoz do BNG non quixo entrar a valorar as enquisas, nin as que lle "gustan menos", nin as que lle "gustan máis", máis aló de que confirmen "un BNG en remontada" que vai "ser a sorpresa destas eleccións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 Galeguiña

Non fai falla ser nacionalista, fai falla ser....e xa non escribo máis por medo a que alguén censure o comentario. Vox seguide así e xa veredes o apoio que vos conceden os galegos.

7 Gustavo

Si votabas á Marea (a de antes) eras un traidor, por non ser nacionalista (segundo os gardas da galeguidade, os do bloque). Pero si votas ao bloque sen ser nacionalista, benvido! Nesta ecuación algo non funciona...

6 Gamela

Se votar BNG trae premio extra... igual haberá que votar BNG (coma na tómbola!) Especialmente en Pontevedra non temos a quen votar! Esa chiribís chamada Yolanda non merece máis cunha boa patada no cú! Logo de botar fóra a Alexandra non ten perdón de dios! E xa diredes a quen se pode votar en Pontevedra? Se o BNG ten premio igual haberá que xogar a ver que pasa...?

5 Caneda

Que ben. Botan 4 anos chamándonos españois a todos os galegos que non somos nacionalistas e cando chegan as eleccións suplícannos o voto. Pois vai ser que non.

1 Sands

Qué ben! Botan 4 anos ríndose de Galiza e dos galegos e cando chegan as eleccións pídennos aos nacionalistas galegos (aquí CausaGaliza presente) que votemos máis Madrid... Pois vai ser que sí, voto ao BNG nas xerais, a única opción nacionalista galega.

4 Bendito Chiringuito

Grazas Ana. Así que en Lugo e Ourense, onde o BNG ten cero posibilidades como ti recoñeces, teremos que votar PsoE (a matriz para a que recada votos o BNG). E pola Coruña as posibilidades son ben escasas, e moito menos aínda en Pontevedra, logo para non perder o tempo nin o voto mellor será... De verdade, Ana Pontón e a cúpula do BNG, non pensades en dimitir a noite do 28A despois de comprobar unha vez máis o enorme fracaso e a estratexia suicida do nacionalismo galego? Os taparrabos van calar esa noite e vos pensades que imos tragar cun 'a campaña xirou en ámbito estatal'? E non será a vosa responsabilidade, a inutilidade para conformar unha alternativa galega plural? Con Ana da UPG ou con Yolanda do PCE, a prioridade é vivir da política profesional!

1 Que si liberadiño

Meghor votarle a tu amigo Louzán amigo loquito