Francisco Conde aproveita a protesta de traballadores de ENCE en Madrid para enviarlles a súa "solidariedade"

O conselleiro de Economía e Industria, pediu "unha rectificación por parte do Goberno" e que se poida "retirar esa violación e por tanto defender os empregos de Ence e do sector forestal" unha postura que situou como propia da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2019 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, trasladou aos traballadores da fábrica de Ence en Pontevedra "nun día como hoxe", no que se concentraron ante a sede madrileña do PSOE na rúa Ferraz, "toda a solidariedade e a sensibilidade" do Executivo galego "nunha situación non explicada por parte do Goberno, de tomar unha decisión de pechar esta factoría".

Francisco Conde sinalou que a resolución da Avogacía do Estado de non continuar defendendo ante a Audiencia Nacional a prórroga da concesión a Ence en Lourizán "pode ter un impacto non só directo nos traballos vinculados coa factoría senón tamén no sector forestal".

Neste sentido, o conselleiro indicou que a repercusión desta medida alcanzaría a 5.000 empregos en Galicia, "un impacto no sector forestal que non tería retorno" polo que sería "irreversible" en termos de emprego e de industria, para esta comunidade autónoma. "Nós seguiremos apostando pola continuidade de Ence", insistiu o conselleiro.

Francisco Conde pediu "unha rectificación por parte do Goberno" e que se poida "retirar esa violación e por tanto defender os empregos de Ence e do sector forestal" unha postura que situou como propia da Xunta. "A prioridade, nestes momentos, para España e para Galicia é o emprego, é a industria" engadiu Francisco Conde, que lamentou que o Goberno de Pedro Sánchez "deixe de lado esa prioridade", sentenciou.

Francisco Conde
Francisco Conde | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta