Bruselas e Compostela unidas polo espírito do Camiño de Santiago

A Grand Place de Bruselas acollerá unha gran alfombra floral grazas ao traballo da asociación do Corpus Christi de Ponteareas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O espírito do ano santo e do Camiño de Santiago estarán presentes nunha das prazas máis importantes de Europa a través dunha gran alfombra floral que unirá a cidade de Bruxelas coa comunidade galega.

En concreto, a Grand Place da capital de Bélxica acollerá esta gran alfombra floral grazas ao traballo da asociación de alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, que se instalará neste emprazamento nas primeiras datas de agosto de 2020.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, avanzou esta iniciativa nun acto "simbólico" celebrado na Praza do Obradoiro, onde membros desta asociación crearon unha "pequena representación" da alfombra que levará a Bruxelas o próximo ano e que servirá de ponte con Santiago de Compostela.

En declaracións aos medios, Rodríguez destacou que se creará "un vinculo de unión" entre as dúas "principais prazas de Europa e do mundo" grazas ao Xacobeo e a ruta santa e, sobre todo, ao "traballo milenario das xentes de Ponteareas", xa consagrado como "patrimonio inmaterial" e "Festa de Interese Turístico" a nivel internacional.

"Un dos grandes valores do patrimonio inmaterial que servirá crear un círculo virtuoso, en recoñecemento ao traballo milenario das xentes de Ponteareas, ao Camiño que serve para unir e construír Europa e, por outro, ter un elemento promocional do Xacobeo 21 nun dos corazóns do mundo", sinalou.

Por iso, incidiu en que esta iniciativa representa "os valores de construción de Europa" que se difunden a través das rutas de peregrinaxe, e que confluirán na conmemoración do próximo Ano Santo.

Alfombra floral que une en espírito Bruselas e Santiago. CEDIDA
Alfombra floral que une en espírito Bruselas e Santiago. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta