O DOG publica a resolución que dá inicio ao procedemento de 24 meses para outorgarlle esta distinción
  comenta   0
Terase en conta o interese etnolóxico, a función social e a riqueza cultural e patrimonial desta celebració.
  comenta   0
Acéptanse suxestións, pero entre as favoritas xa soan 'Palestina' e 'solidariedade'.
  comenta   0
Presenta un documento pioneiro para protexer o patrimonio marítimo que propón 100 medidas, entre elas, un estudo das rías, ríos e paisaxes marítimas, a elaboración dun atlas virtual do patrimonio marítimo galego ou dun dicionario da cultura marítima.
A película 'O corno' de Jaione Camborda terá a súa estrea galega na sesión inaugural de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela, paso previo ás salas de cinema o 11 de outubro.
  comenta   0
O festival Titiriberia celebra neste concello entre o 24 e o 30 de xullo unha oitava edición que abordará no seu apartado internacional o teatro de monicreques do Brasil e de Portugal.
  comenta   0
A Real Academia Galega (RAG) recolle nun novo volume do Seminario de Onomástica case 30 traballos sobre os nomes de lugar das rutas xacobeas de investigadores de diversas universidades europeas
  comenta   0
Elena Fabeiro pon de manifesto a necesidade de facer unha revisión da Lei de Artesanía actual para garantir o relevo xeracional de determinados oficios e artes.
  comenta   0
Investigadoras da Universidade de Vigo presentan un arquivo sonoro de dez puntos da Vía da Prata co que crearon unha peza musical. Piden, na celebración do Xacobeo 21-22, o recoñecemento da sonoridade ambiental do Camiño como parte do patrimonio inmaterial da ruta.
  comenta   0
Asinado o protocolo de cooperación entre a AECT Rio Minho e a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas!.
A través de 14 relatos, en que se mesturan realidade e ficción, 'Contos de beiramar' expón as vivencias cotiás e episodios singulares protagonizados por xente vinculada ao mar, como mariscadoras, mariñeiros, funcionarios, persoal de confrarías de pescadores ou taberneiros.
  comenta   0
O proxecto dixital 'Memoria e Patrimonio', que xorde do certame fotográfico da asociación, presentarase en Muros este mércores.
  comenta   0
O concello de Dumbría organiza un festival gratuito no que se mistura música, arte, literatura e gastronomía. Entre os artistas convidados están Luar na Lubre, Víctor Manuel ou Ismael Serrano.
  comenta   1
O impulsor do proxecto 'Camiño de Inverno: de Ponferrada a Compostela' reivindica o labor das persoas que fan posible o Camiño de Santiago nunha iniciativa que presta especial atención á economía rural e social. Vén de ser recoñecido como socio de honra da asociación Alumni USC. Falamos con José Ortigueira.
  comenta   0
"Tanxugueiras é en realidade o plural dun microtopónimo, que elevado á Palabra do Ano se converte tamén nunha icona da gran riqueza da lingua galega como produtora de nomes de lugar que conforman un patrimonio inmaterial único no mundo", apunta a RAG nun comunicado.
  comenta   0
O acordo foi rubricado este xoves polos presidentes de PuntoGal, Manuel González, e do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, nun acto celebrado en San Domingos de Bonaval.
  comenta   0
Galicia Confidencial conta a historia destas mulleres que adoitan colocar os seus postos de venda na praza do Obradoiro e na Quintana dende mediados do século XX e que poden perder o seu traballo por unha insólita normativa. A medida tomada polo concello causou sorpresa e incredulidade entre o colectivo, que se leva manifestando diante do concello dende o 16 de xuño en busca dunha solución.
  comenta   3
No 1909 a Garda Civil disparaba contra os veciños da Parroquia de Oseira, que intentaban protexer o baldaquino do Mosteiro. O resultado foron 9 falecidos.
  comenta   0
Petón do Lobo pídelle ao Goberno galego que "cumpra a lei" e free a perda de patrimonio inmaterial como consecuencia da implantación de eólicos.
  comenta   3
O sector da música e do baile tradicional reivindica a profesionalización dos centos de docentes que cumpren o papel de portadores da oralidade ao longo das asociacións culturais que se espallan por todo o territorio. Logo de décadas de precariedade, a crise acelera a necesidade dun cambio.
  comenta   0
Serán subvencionables as actividades de restauración de ecosistemas naturais como prados de sega, bosques de castiñeiros ou bosques de ribeira, así como a eliminación de especies exóticas invasoras.
  comenta   0
A oposición apoia a iniciativa defendida polo PP, pero subliña que sería desexable "máis concreción" e que non se cinga só ás "verbenas".
  comenta   1
O patrimonio cultural galego é moi vulnerable. Tanto, que cando algunha parte desaparece só queda del a memoria, que pouco é. Este feito prodúcese por activa e por pasiva. Polos que podendo preservalo prefiren, por falta de autoestima, desprezalo; son os que senten maior esntusiasmo polo alleo que polo propio. Mais hai outro sector numeroso da sociedade que non é plenamente consciente da riqueza do noso acervo cultural e influído polos primeiros, súmanse a ese lamentable proceder.
  comenta   0
A Grand Place de Bruselas acollerá unha gran alfombra floral grazas ao traballo da asociación do Corpus Christi de Ponteareas.
  comenta   0
A Deputación provincial pon en valor estas dúas festas, das que destaca o seu carácter "ancestral" e a súa repercusión "a nivel local, galego e nacional".
  comenta   0
Será que vivimos no século máis exhibicionista ou que o viaxeiro pasou do elitismo de Stendhal ao simple voyeur de clase media que mide a vida en megapíxeles. Non é un fenómeno galego senón universal.
  comenta   0
O proxecto foi dirixido por Uxía Pedreira pensando tanto en pequenos como adultos para mostrar o patrimonio inmaterial da comarca.
Os alcumes, alcuños, adeallos ou nomeadas foron a orixe dalgúns apelidos modernos, ademais de formaren parte do patrimonio inmaterial da nosa cultura. Co paso do tempo estas denominacións onomásticas foron evolucionando segundo os ritmos de vida da sociedade. Hoxe en día no ambiente urbano non é doado conservar os sobrenomes debido á mobilidade contextual. Só no medio rural e vilego se sente aínda a presenza do alcume como factor identificativo.
  comenta   0