A Deputación da Coruña aproba destinar 92,3 millóns a investimentos e servizos en concellos

Por E.P. | A CORUÑA | 26/04/2019 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres, por unanimidade, o Plan Único (POS+2019), cunha dotación económica de 92,3 millóns de euros destinada a financiar investimentos e o mantemento de servizos públicos esenciais nos concellos da provincia.

Dos máis de 100 millóns de euros consignados no Plan Único para este ano, os concellos coruñeses solicitaron algo máis de 92 millóns de euros. Deles, case 71 millóns destinaranse a investimentos en obras de construción e mellora de infraestruturas na totalidade dos municipios da provincia.

No pleno deste venres, aprobáronse as primeiras 328 obras solicitadas polos propios concellos. Sobre este plan, o presidente provincial, Valentín González Formoso, indicou que busca "mellorar as infraestruturas e a calidade de vida e a economía" nos concellos coruñeses.

Por outra banda, na sesión plenaria, aprobáronse investimentos por un importe de 5,8 millóns de euros para a execución de distintas obras de ampliación e mellora da seguridade viaria na rede provincial.

A Deputación da Coruña aproba destinar 92,3 millóns a investimentos e servizos en concellos. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña aproba destinar 92,3 millóns a investimentos e servizos en concellos. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta