Fomento licita as obras de restauración da Escalinata e a Cripta da Catedral de Santiago por case 1,6 millóns

Os traballos, que comezarán no outono e durarán 16 meses, serán financiados "integramente" polo Ministerio

Por E.P. | Compostela | 26/04/2019 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O Ministerio de Fomento licitou as obras de restauración da Escalinata e a Cripta da Catedral de Santiago de Compostela por un importe de case 1,6 millóns de euros, segundo recolle xa a Plataforma de Contratación do Sector Público e publicará o Boletín Oficial do Estado (BOE).

As obras, que serán financiadas "integramente" por Fomento, iniciaranse no outono de 2019 e prevese un prazo de execución de 16 meses, segundo destacou o Goberno nun comunicado. "Trátase de novas actuacións que supoñen unha continuidade a todo o que se veu realizando en traballos previos acometidos na fachada e as torres do Obradoiro, mantendo a unidade de criterio de acordo ao Plan Director existente", explicou Fomento.

Con esta nova intervención levará a cabo a restauración da gran escalinata de acceso pola fachada do Obradoiro, escalinata renacentista construída a comezos do século XVII e do enreixado, que completa e pecha a escalinata pola súa fronte e os paramentos laterais, realizada en 1791.

Así mesmo, intervirase na cripta románica, "recuperando unha das dúas escaleiras, a que se atopa cegada, que comunican coa nave central da igrexa", así como outras actuacións puntuais no arranque da fachada no seu encontro coa terraza de acceso e na parte inferior da torre sur.

A mencionada actuación realizarase no marco do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico, que consiste na execución de obras "relevantes" de rehabilitación do patrimonio arquitectónico español e dotación de equipamentos públicos cos orzamentos propios do Ministerio.

Catedral de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Catedral de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta