Feijóo busca polo menos dúas novas conselleiras

As boas relacións de Farjas con Romay e Rajoy sóbena até ao número dous do Ministerio de Sanidade. Feijóo pode preparar unha remodelación do goberno moi ampla.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/12/2011 | Actualizada ás 23:52

Comparte esta noticia

As fichaxes de Pilar Farjas e Marta Fernández Currás para o Goberno de España forzará a primeira crise na Xunta da era Feijóo. O presidente, salvo sorpresa maiúscula, anunciará os relevos a próxima semana.

Pilar Farjas volve a Madrid, onde xa foi directora da Agencia de Seguridad Alimentaria cando Aznar era presidente e Romay Beccaría, ministro de Sanidad. A súa marcha non é unha sorpresa, pois é unha persoa moi valorada por Romay, impulsor das carreiras políticas tanto de Feijóo como de Rajoy, e ex-líder do PP galego máis urbano, centralista e próximo ao Opus Dei. De feito, Farjas retornou á Xunta como xefa de prensa da Consellería de Pesca ao final da crise do Prestige, tempo no que o PP máis españolista logrou facerse co control da sucesión de Fraga, colocando a Rajoy como responsábel da xestión da crise e a Feijóo como vicepresidente substituto do defenestrado Xosé Cuíña, líder do sector galeguista e o gran enimigo político de Romay.

No seu tempo como conselleira, Farjas logrou que a súas crenzas cristiás pasaran a un segundo plano. A política gañou puntos ao conseguir reducir o gasto en medicamentos do Sergas mediante un novo catálogo de fármacos que a enfrontou co executivo de ZP. Esta capacidade para recortar gasto público seralle necesario no seu novo posto, secretaria general do Ministerio de Sanidade. Está por ver se aplica tamén algunhas das receitas executadas no SERGAS, como deixar sen tarxeta sanitaria a miles de parados de longa duración e introducir unha taxa de 10 euros pola propia renovación da tarxeta.

None

Sorpresa no relevo en Facenda

Máis sorprendente é a fichaxe de Marta González Currás, conselleira de Facenda e que será parte do gabinete do Ministro de Economía Cristobal Montoro. O perfil técnico de Currás resulta acaído para este posto.

Para ela tamén será un alivio deixar lonxe a crise das caixas, hoxe nacionalizadas e malvendidas a Novagalicia Banco, que mesmo pode ser malvendido de novo aos nos próximos meses por un banco privado de fóra de Galicia. É evidente que esta, a súa gran tarefa no que levamos de lexislatura, saldouse cun sonoro fracaso, despois de que Feijóo repetira mil veces que ao final Galicia cunha caixa propia e solvente. Tamén foron sonadas as súas denuncias dos "buratos do bipartito", denuncias curiosas na súa boca, pois Currás tamén foi alto cargo da Xunta co anterior goberno e tiña responsabilidades sobre a intervención das contas galegas.

O nomeamento, máis de 12 horas despois das primeiras informacións, segue sen estar confirmado, aínda que fontes do PP apuntan a que será secretaria general de Presupuestos.

Para cumplir coa Lei de Igualdade, Feijóo ten que nomear dúas mulleres conselleiras en substitución de Farjas e Currás. O presidente tamén pode aproveitar a situación para facer unha crise de Goberno máis fonda, polo que pode haber movementos en case todas as consellerías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

11 MIÑOCA

Soa tamen o nome de Benito Iglesias ,perteñece o clan dos Baltares polo que a Necora esta a pensalo moito.

10 Aurelios5

Liscan as espabiladas e quedan as pallasas do Obradoiro e máis a bailaora de Educación.

1 Faldo

E o pirado que descubriu "Desván de los Monjes". Sexa quen sexa o que queiran fichar, que non tarden; mandámosllo a gastos pagos envolto e cun laciño.

9 Manolo2.

A ver si nombran consejero al niño de Baltar

8 alfredo

vaia patinazo, a Currás vai de Secretaria de Estado

7 Costadamorte

A canteira "galega" do goberno de Rajoy é ben curiosa... Ana Pastor, galega... de Zamora... Pilar Farjas, galega... de Huesca... A Marta Fernández Currás si que é de Vigo, (a excepción que confirma a regra)... E tamén soan para cargos do segundo nivel Samuel Juárez e Agustín Hernández, os dous madrileños... Galegos... galegos?...