O anteproxecto da lei de pesca continental aprobarase este xoves no Consello

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2019 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que o anteproxecto da lei de pesca continental será aprobado este xoves polo Consello da Xunta.

Vázquez realizou este anuncio durante unha visita este mércores ao coto de Ximonde, no río Ulla, coincidindo co primeiro día hábil para pescar salmón e reo. Explicou que con esta normativa actualizarase " e substituirá o actual marco lexislativo vixente en Galicia, que foi aprobado fai xa máis de 25 anos".

Tras o seu paso polo Consello, tal e como explicou a Xunta nun comunicado, o anteproxecto someterase ao trámite de participación pública para que todos os interesados presenten as alegacións que consideren oportunas e poidan enriquecer unha norma que nace "con vocación de futuro" e ao redor da cal, incidiu a conselleira, "buscarase o máximo consenso".

Deste xeito, Vázquez destacou a "transcendencia deste anuncio para o sector xusto nun día moi importante para os pescadores galegos, xa que coincide co inicio oficial da tempada de pesca en augas salmoneras e nalgunhas cabeceiras de ríos de montaña".

RECUPERACIÓN DO SALMÓN

Así mesmo, a conselleira referiuse a importancia desta especie nun coto "emblemático" como o de Ximonde, no río Ulla. Ademais, lembrou que a Xunta puxo en marcha en 1992 os seus primeiros programas de recuperación de salmón en varios ríos galegos e que, a partir do ano 2000, "detectouse xa un incremento notable no retorno de exemplares adultos no río Ulla".

Do mesmo xeito, Vázquez referiuse tamén "as melloras para garantir a accesibilidade para peces migradores mediante dispositivos de franqueo, repoboacións con xuvenís de orixe autóctona e medidas de control da pesca dos salmónidos".

O anteproxecto da lei de pesca Continental aprobarase este xoves no Consello. XUNTA
O anteproxecto da lei de pesca Continental aprobarase este xoves no Consello. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta