Excarcerado un condutor na Coruña atrapado no interior do seu vehículo despois de chocar contra unha columna

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2019 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Un condutor foi liberado tras quedar atrapado no interior do vehículo que conducía despois de chocar contra unha columna, á primeira hora da mañá deste mércores, na avenida Pedro Barrié de la Maza, á altura do edificio de Facenda, na Coruña.

Segundo informa o 112, que recibiu o aviso de particulares sobre as 9,00 horas, foron avisados os servizos sanitarios, bombeiros da cidade e a Policía Local, así como Protección Civil.

Tras ser liberado, unha ambulancia do 061 trasladou ao ferido ao Hospital Clínico Universitario da Coruña.

Accidente  POLICÍA LOCAL
Accidente POLICÍA LOCAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta