As axudas para o libro escolar serán de 50 euros para o alumnado de primaria e ESO

Terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2019 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta dará o visto e prace este xoves ao proxecto de orde que regula a participación no fondo solidario e que convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

O sistema habilitado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional disporá dun total de 12,1 millóns de euros, segundo fontes do Goberno galego. As axudas para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e ao de educación especial. A orde establece os requisitos de renda e as contías das axudas.

No fondo solidario pode participar alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación dos libros farase, como no tres anos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. Terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

VÍA ELECTRÓNICA

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros. Desde o pasado ano funciona o servizo telemático para realizar os trámites, polo que as solicitudes poderán presentarse por vía electrónica, unha vez que se abra o prazo, previsto para os próximos días.

Convivencia en clase, fai do teu fillo o mellor compañeiro. ISTOCK
Convivencia en clase, fai do teu fillo o mellor compañeiro. ISTOCK | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta